O goberno de Paco Ferreira asina un contrato leonino con Zona Franca para urbanizar a Fase II do Polígono d’A Pasaxe no canto dun convenio entre iguais que salvagarde os intereses de Gondomar

Gondomar, 3 de agosto de 2026.- No Pleno do pasado mércores, una vez máis, quedou en evidencia a incapacidade de Paco Ferreira para calquera tipo de diálogo ou consenso cos grupos da oposición e cos actores que interveñen no Polígono d´A Pasaxe. De feito, aprobou o “convenio” entre o Concello de Gondomar e o Consorcio de Zona Franca de Vigo para desenvolver a segunda fase do Polígono Industrial d´A Pasaxe en solitario, co único apoio de tránsfugas. En realidade, para Manifesto Miñor trátase dun CONTRATO LEONINO onde o concello renuncia a todo en aras do negocio de Zona Franca.

Asemade, cómpre salientar que don Paco Ferreira rexeitou todas e cada unha das alegacións presentadas ao devandito convenio, só amparado pola superioridadede numérica á hora de votar. De verdade que entre as seis alegacións presentadas non había nada a ter en consideración? Pois seica non.

Como viñemos denunciando dende o inicio deste longo e complexo proceso, a ausencia de dialogo e consensos  foron notorias pola negativa do Sr. Ferraira, que é refractario e estes principios básicos en política. Como é posible que se asine un convenio con Zona Franca para urbanizar un polígono industrial de máis de 300 mil m2 sen contar nin falar coa CCMM de Vincios propietaria de máis do 60% do solo obxecto de urbanización? Non sería mellor levar a Pleno un Convenio consensuado entre Concello (todos os grupos), CCMM, empresariado, etc.? D. Paco Ferreira non quixo!!

 

Vexamos: os propios informes da Intervención e da Secretaría municipais insisten que se trata dun convenio que non aclara as consecuencias derivadas da súa aplicación a respecto da solvencia municipal para atender as obrigas creadas, que van dar lugar a graves desequilibrios financeiros para o Concello de Gondomar. Entre outras razóns pola dilatación no tempo do proceso, que vai xerar importantes desfases nos custes das obras, sobardando as previsións iniciais incluídos os incrementos previstos. Isto xa aconteceu co finazamento das obras da 1ª fase, cuxo custe subiu a máis do dobre do inicalmente orzamentado. Nada se di no convenio que vai pasar coa supresión do Campo de Fútbol de Vincios, unha infraestrutura deportiva de moita importancia para a parroquia, ou coa vivenda existente que se vai derrubar.

 

Por último, dende Manifesto Miñor calificamos de moi grave, ao límite da malversación de caudais públicos, a entrega do 10% de aproveitamento  urbanístico (entre outras taxas e impostos) que segundo art. 168.2 da Lei do Solo de Galicia nos corresponden, só coa finalidade de engrosar a conta de ingresos de Zona Franca, pois a sú intervención neste proceso vai máis aló da simple execución dun urbanismo previamente aprobado, toda vez que o devandito convenio atribúe un dereito patrimonial específico ao CZFV, regula un reparto de cargas e beneficios, impón compromisos económicos que non derivan automaticamente do Proxecto Sectorial, recoñece dereitos indemnizatorios, ou condiciona o desenvolvemento urbanístico mediante obrigas adicionais, entre outras.

Eses foron os motivos do noso voto negativo e xa anunciamos no Pleno o recurso contra este “contrato leonino”.

Asinado : Antonio Araíjo Quintas.

Portavoz de Manifesto Miñor. 

Agosto 7, 2026

Etiquetas: , ,