A Ponte das Ánimas ou Ponte Alta da Paradela volve ser vandalizada, esta vez de moita gravidade

Gondomar, a 11 de agosto de 2026.- A Ponte das Ánimas ou Ponte Alta da Paradela é un dos elemento patrimoniais máis importantes de Gondomar (está a menos de 150mts da Casa do Concello), tanto pola súa orixe, polo uso práctico pois aínda ten (trátase dunha ponte de orixe medioval), ou polo valor inmaterial que ten a nivel de lendas, historias, etc. No Peto de Ánimas aínda é habitual ver ofrendas feitas con espigas de millo ou flores… ou, contan as persoas máis vellas da parroquia que sobre esa ponte facíase o rito do baoutismo dos non natos en mulleres embarazas.

Pero todo isto non importa aos vándalos que levan anos maltratándoa coa desidia do Concello maia estar como xa dixe a menos de 150 mts da casa do Concello.

Dende MM levamos anos denunciando esta situación sen ningún tipo de éxito: mocións no Pleno, denuncias por escrito como a que acabo de presentar, rogos, preguntas, etc, Incluso entre os anos 2017-18 conseguimos unha subvención da Deputación de arredor de 35mil€ para arraxanla pero, o Sr Alcalde meteuna no caixón, perdéndose, porque seica el ía conseguir unha mellor pra facer un “proxecto estrela”. A día de hoxe , 8 anos anos despois nada se fixo e a Ponte corre un serio perigo de entrar nun fase de “non retorno”.

A última vandalización é deste mes de agosto, e para MM é a máis grave de todas. Como se pode apreciar nas fotos, in sito é máis escandoloso, están sendo arrincadas, literalmente, as lousas centenarias que cubren a ponte, a maiores das pintadas e lixo de todo tipo. Parte desas lousas arrincadas pódense ver tiradas no leito do río. O Sr. Alcalde sabe que non é a primeira vez, nin a segunda, nin a décima… que MM ten denunciado esta situación por medio da presentación de mocións, rogos, preguntas, etc, lamentablemente con pouco éxito. Hoxe a cousa foi a peor cos vándalos desbocados desmontando literalmente a ponte. Probablemente sen as lousas que lle arrincaron deixando a estrutura da ponde sen protección, as vindeiras enchentes acaben facendo un dano irreparable… Agora xa non hai desculpa, e o Concello ten que actuar. Isto mesmo é o que acabo de poñer por escrito en coñecemento do Alcalde e tamén de Patrimonio da Xunta de Galicia.

Manifesto Miñor

Agosto 13, 2026