Paco Ferreira segue enredando a situación co Polígono d’A Pasaxe
Gondomar, 23 de setembro de 2026.- O pasado mes de agosto, dende Manifesto Miñor presentamos un recurso de reposición contra o convenio con Zona Franca para a fase II do Polígono d’A Pasaxe. Quixemos naquela altura defender os intereses de Gondomar e a solvencia económica do Concello ante os desleixo de don Paco Ferreira.
Pois ben, no Pleno Urxente do pasado venres, o Goberno Municipal pretendeu introducir no mesmo punto da Orde do Día dous asuntos diferentes e con posicionamentos contraditorios, de maneira que votar en contra do mesmo supuña rexeitar a tramitación dos recurso de reposición presentados por nós contra o devandito convenio e, votar a favor, supuña ir contra da petición presentada pola Comunidade de Montes de Vincios no sentido de suspeder o devandito convenio, cuestión que tamén compartimos. Xustificar este proceder dicindo que é o Secretario Municipal é quen elabora a orde do día dos plenos é unha “triquiñuela” para principiantes cando todos sabemos que se trata dunha competencia exlusiva do Alcalde. Finalmente os dous asuntos foron votados por separado deixando claro o posicionamento de cada grupo municipal a respeito dos mesmos.
Desde Manifesto Miñor, unha vez máis fixemos fincapé en que se trata dun convenio leonino que lesiona gravemente os intereses do Concello de Gondomar e da Parroquia de Vincios en beneficio da Zona Franca. Por iso é tan necesario que se tramiten os reurso de reposición e se resolvan a favor dos recurrrentes e do interese xeral.
Fronte á insinuación enganosa do Alcalde acusándonos de querer paralizar o expediente do Polígono, a nosa resposta foi clara coma sempre fixemos neste asunto: Ninguén está poñendo paus nas rodas a un proxecto necesario para Gondomar, e moito menos pretender que todo se paralice. O que reclamamos é que as cousas se fagan correctamente e dialogando coas partes implicadas neste complexo asunto. Con xustiza e poñendo a salvo o interese público e o ben común.
Resumindo, D. Paco Ferreira pretendeu aprobar de tapadillo a admisión a trámite dos recursos de reposición presentados pola CCMM de Vincios, o Club de Fútbol, Manifesto Miñor e o resto da oposición e un particular, co que estabamos dacordo, e rexeitar as solicitudes de suspensión do acto (aprobacion do Convenio) presentadas pola CCMM de Vincios e un particular, cuestión coa que non estabamos de acordo, no mesmo punto. En fin, a finalidade era seguir encerellando o asunto xa de por si complicado, no canto de aproveitar a ocasión pra reconducir a situación pola vía do consenso e da negociación.
Gondomar, setembro de 2026.
Compartimos o noso recurso para que sexa coñecido por toda a veciñanza de Gondomar