Manifesto Miñor organiza unha palestra sobre vivenda pública e outras alternativas á especulación
Val de Miñor, 20 de xullo de 2026.- Por se alguén (ou algún gobernante da comarca) aínda non se decatou, no Val de Miñor, e por suposto en Gondomar, tamén hai un problema de vivenda evidente. A falla de de vivenda e os alugueiros disparatados son unha realidade evidente. Fronte a isto, as administaracións, comezando polas máis próximas como son os concellos, optan por unha pasividade cómplice.
No caso de Gondomar, o goberno municipal incluso votou en contra dunha moción de Manifesto Miñor que solicitaba poñer terreos municipais a disposición da Xunta para a construción de vivenda pública. E iso que estamos a falar dun goberno supostamente socialista.
A situación é insostible e moitas famlias vemos como a desesperación dxs nosxs fillxs obrígaos a vivir na casa dos pais ou, aqueles que poden, a marchar lonxe buscando vivendas asequibles, tarefa moi complicada que non sempre ten éxito.
Pois ben, de todo isto imos falar nesta palestra, así como das posibles alternativa existentes comezando por tomar consciencia do problema, organizarse e loitar. Dende Manifesto Miñor convidamos a toda a veciñanza a achegar o vindeiro sábado, 1 de agosto, ás 11:30 horas, ao Centro Neural de Gondomar. Na palestra, que estará presentada pola compañeira de Vincios, Antía Comesaña, intervirán Ana Pardo, activista de Provivenda, e Xaime Luxilde, experto en cooperativismo de vivendas.
Manifesto Miñor