Manifesto Miñor pide explicacións a Don Paco Ferreira sobre o financiamento das obras da 1ª fase do Polígono da Pasaxe

Gondomar, 24 de xuño de 2026.- O pasado 3 de xuño, segundo a informou dáda por el mesmo, o Sr. Alcalde compareceu publicamente diante dos empresarios d´A Pasaxe para explicar a situación do Polígono Industrial: 

 

Publicado 3 de xuño polo Sr. Alcalde.

“Hoxe comparecín publicamente diante dos empresarios e empresarias de A Pasaxe nunha asemblea aberta para explicar a situación actual e a evolución das obras da Fase I de urbanización, así como o estado no que se atopa a Fase II e os avances do futuro convenio de colaboración entre o Concello de Gondomar e o Consorcio da Zona Franca de Vigo por máis de 33 millóns de euros.

O obxectivo deste encontro foi ofrecer toda a información dispoñible con total transparencia, aclarar dúbidas e responder a cantas preguntas formularon os asistentes. Durante a reunión, celebrada ante unha numerosa representación do tecido empresarial, abordáronse as principais inquietudes relacionadas co presente e o futuro deste parque empresarial estratéxico.

Estou convencido de que a proximidade, a transparencia e o diálogo permanente con quen xera emprego e riqueza no noso municipio son ferramentas imprescindibles para seguir impulsando o desenvolvemento de Gondomar e do seu polígono industrial. “

 

O que D. Paco Ferreira non lle explicou aos empresarios d´A Pasaxe na súa comparecencia

Sabemos que o éxito da convocatoria foi máis ben escaso pois a credibilidade do Sr. Ferreira non pasa polo seu mellor momento. Con todo, perdou unha boa oportunidade para dar contas e explicar con detalle a situación real da xestión e das obras no Polígono Industrial d´A Pasaxe. Un asunto dunha enorme complexidade que sobarda as capacidades do Concello de Gondomar, e por suposto do Sr. Ferreira. Por ese motivo no convenio asinado no ano 2008 entre empresarios, propietarios, CCMM , Concello de Gondomar e a Consellaría de Industria dirixida por Teresa Táboas, recollíase expresamente que sería a Xunta quen se faría cargo dese asunto. A maiores, o convenio explicitaba un envestimento de 12 millóns€ para levalo a cabo, así como o traslado o Campo de Fútbol, etc.

Iso foi posible con moito diálgo, consenso e discreción, e por suposto con vontade política entre os actores institucionais. Coa chegada do Sr. Ferreira á Alcaldía todo iso foi varrido por mor da súa particular maneira de entender os consensos. Comezou por expulsar da ecuacióan a un actor imprescindible como é a CCMM de Vincios, propietaria maioritaria da superficie delimitada e clasificada como solo industrial do devandito polígono, incluso negándolle unha vogalía no organismo que xestiona a cooperación da 1ª fase. 

Despois viría a “guerra” particular coa actual Conselleira de Industria e nesa fase é na que estamos. Para MM a Xunta é outro dos actores imprescindibles, que porriba anunciou por activa e por pasiva a intención de facerse cargo do deficit orzamentario das obras. 

E así chegamos á situación actual, insostible e que pode levar á paralización das obras por falta de orzamento suficiente. O que D. Paco non lle explicou aos empresarios é quen vai asumir o desface orzamentario da 1ª fase que nós estimamos en máis de 2 millóns de euros a maiores do orzamentado na adxudicacion feita no ano 2023. Ou que vai vai pasar co traslado do campo de futbol e da vivenda existentes no poligono….Sobre isto no dixo nada o Sr. Ferreira nesa comparecencia nin publicamente, iso iso, aproveitou para vender de novo os 33 millons de Zona Franca para a 2ª fase cando aínda non coñecemos o convenio definitivo nin cando ten pensando levalo a pleno. Por certo, un convenio cheo de reparos e de advertencias de legalidade feitas polos servizos xuridicos do concello.

Unha vez máis dende Manifesto Miñor instamos ao Sr. Ferreira a volver á senda dos consensensos e á colaboración cos devanditos actores, e a deixar as batallas elctoralistas para mellor ocasión. Xogar coas espectativas de centos de empresas que necesitan con urxencia seguridades xurídicas e técnccas para se ainstalar ou ampliar, desprezar á CCMM de Vincios, aos propietarios ou á propia Xunta de Galicia, é dunha irresponsabilidade política sen parangón que vai ter que explicar o Sr. Ferreira. Esta deriva errática foille advertida por Manifesto Miñor sempre que tivemos ocasión dende o ano 23, obtendo o desprezo ou a burla pola súa parte.

En Gondomar, a 22 de xuño de 2026.

Asdo. Antonio Araújo Quintas

Portavoz de Manifesto Miñor. 

Xuño 29, 2026

Etiquetas: , ,