Manifesto Miñor solicita a limpeza das estradas de titularidade municipal
Gondomar, mércores 10 de xuño.- A semana pasada, Manifesto Miñor presentou un escrito no Concello solicitando a limpeza inmediata das beiraváis das estradas e camiños que son de titularidade municipal, dándolle así traslado á queixa de moitas veciñas e veciños de diferentes parroquias de Gondomar que están cansxs da nula atención por parte deste goberno municipal. Logo de constatar in situ a situación, puxemos en coñecemento do goberno do señor Ferreira o estado de perigo que supoñen as beirarrúas cheas de maleza e sen desbrozar en barrios puntos do concello.
Somos conscientes da infinidade de camiños e vías municipais que o Concello ten que antender, mais entendemos que ben se podería avanzar na solución do problema con antelación, por ser precisamente unha cuestión repetitiva e previsible. É dicir, o goberno municipal podería elaborar un plan municipal de desbrozamento e limpeza de vías públicas, camiños e estradas da súa titularidade, a fin de evitar que se produzan situacións como as que estamos detectando estas semanas.
Agora ben, como é prioritario darlle solución aos vieiros que se atopan en peor estado, dende Manifesto Miñor propoñemos que se prioricen os desbroces comezando por aqueles viais principais con moito tránsito e por onde os peóns camiñan cara a seus barrios e vivendas, e que por mor da maleza existente xóganse a vida cada vez que camiñan polas súas beiravías. Este é o caso, por exemplo, das estradas que van ás Rasas,, en Gondomar, ou a Piquetes, en Mañufe. No entanto, non é suficiente e demandamos novamente a elaboración do devandito plan de desbroces coa máxima dilixencia para evitar riscos innecesarios.
Manifesto Miñor