Gondomar xa conta co parque de autocaravanas pola vía dos feitos

Gondomar, 13 de agosto de 2026.- O parque para autocaravanas da Vila de Gondomar xa está “funcionando” pola vía dos feitos. Durante todo ano sempre hai algunha autocaravana estacionada na zona da Estación de autobuses, aumentando o número en temporada de verán. No que vai de agosto hai unha media diaria de entre catro e cinco autocaravanas. Cómpre dicir que se trata dun espazo sen acondicionar e sen regular, e ainda así cumpren escrupulosamente as normas deste tipo de espazos en canto aos días de estancia (máximo de 72 horas), xente respectuosa, persoas maiores ou familias con nenos, fan a compra na Vila, etc. Daquela queda confirmada, tamén pola vía dos feitos, que o lugar proposto e proxectado por Manifesto Miñor dende os anos 2016 e 2017 é o correcto.

Soamente faltaría axeitalo, desprazalo ao lateral da estación e acondicionar o espazo para este tipo de vehículos con subministración de auga potable, baleirado de depósitos de fecais, plantar árbores para sombra… e pouco máis. Este tipo de espazos teñen moitísima demanda en Europa, onde hai máis de 40 millons de autocaravanistas e, na maoiría dos casos, son visitantes respectuosos que non masifican as vilas e “prescinden” dos pisos turísticos, deixando importantes retornos na economía local. Todo isto, que está máis que comprobado, D. Paco Ferreira prefire ignorar.

A última iniciativa de MM sobre este asunto tan importante foi a presentación dunha moción no pleno de 6 de febreiro se 2025, aprobada por unanimidade. Feito o seguemento deste acordo, a resposta do Alcalde sempre é a mesma: está pendente dos informes de Augas de Galicia. 

Fartos deste tipo de contestacións, o pasado 10 de xuño solicitamos por escrito acceso ao expediente para comprobar as xestións feitas neste asunto. Pois ben, A DÍA DE HOXE AÍNDA NON SE NOS AUTORIZOU O ACCESO AO DEVANDITO EXPEDIENTE, o que aumenta as nosas sospeitas  de que non se fixo nada. Este atraso na entrega de documentación, para nós deliberado e ilegal, xa foi posto en coñecemento da valedora do Pobo.

Dende Manifesto Miñor non entendemos como unha infraestrutura tan necesaria e sinxela, cun custe arredor dos 25mil€, e para a hai importantes liñas de axudas e subvencións, non leve anos funcionado e poñendo a Gondomar no mapa de millóns de autocaravanistas de toda Europa e, sobre todo, na liña dun turismo de calidade. Unha vez máis D. Paco Ferreira mete no caixón do esquecemento as iniciativas dos demais grupos da Corporación Muncipal por moi beneficiosos que sexan para Gondomar.

Asdo. Antonio Araújo Quintas.

Agosto 21, 2026