A auga pública de Gondomar entra no circuíto internacional do inmenso nogocio da auga por mor da privatización que o goberno municipal de Paco Ferreira (PSOE) consumou no pasado pleno
Gondomar, 13 de maio de 2026.- A auga pública de Gondomar acaba de entrar no circuito internacional do negocio da auga. Aqualia non é unha “empresiña” calquera pois pertence ao grupo FFC cun 51% e, un 49% a un fondo australiano (IFM Investors). FFC a súa vez está controlada polo grupo inversor do megamillonario mexicano Carlos Slim, íntimo amigo e socio dun vello coñecido cara dura como é Felipe González. Encuanto ás dúas empresas que forman parte da UTE xunto con Aqualia, son empresas que poderíamos dicir de apoio, unha dedicada a servizos mediaombientais e de mobilidade (Sogecel) e a outra é unha tecnolóxica (Seys).
Ese é o problema de fondo do aprobado onte polo Pleno, a perda do control público pola vía da privatización dun ben imprescindible para a vida como é a auga e que a propia ONU califica de dereito humano. Velaí un exemplo do socialismo practicado por D. Paco Ferreira.
Debater sobre as condicións da privatización, dos pregos técnicos e administrativos, etc, é perder de vista o importante que é a privatizacion. Por certo, o 1,5 millóns de € de investimento que o contrato obriga a facer, non é un “agasallo” da empresa ou un logro da xestion do Sr. Ferreira, senón que é un adianto aconto que fai a empresa concesonaria e que imos pagar os usuarios con creces durante os 20 anos que está previsto dure a concesión.
Iso é o que a veciñanza de Gondomar ten que saber, que a partires de agora o control da auga que bebemos esta fóra do Concello e fóra do País, e que xa se encargará Aqualia de facer rendible a concesión subindo as taxas, tanto da auga coma do sanemaento, por moito que o Concello opine outra cousa.
Como Manifesto Miñor dixo no Pleno, con esta privatizacion, o Sr, Alcalde prefire o eufemismo externalización, practicamente está todo “externalizado” no Concello: cobro de taxas e impostos, o Lixo, a xestion e control do alumeado publico, o servizo de axuda no fogar que podería ser unha empresa pública ou cooperativa, e sabemos que andan ás voltas co contrato a xestoria para o paga de nominas, etc. Queda a salvo a Polícia Local, porque a lei non o permite, por agora. Daquela a pregunta é, pra que necesitamos unha Corporación Municipal e un Goberno Municipal tan ben remunerado?. O cancro privatizador e neoliberarl témolo dentro, e porriba disfrado de socialista.
Nós nin calamos, nin desenfocamos o debate.
Manifesto Miñor