Manifesto Miñor lanza a campaña de apoio ao comercio local “Neste Nadal nós mercamos local”

A promoción e dinamización do comercio local é unha das prioridades de Manifesto Miñor. Como xa dixemos en máis dunha ocasión, a principal fortaleza está precisamente na variedade da oferta e na calidade do producto que se comercializa, así como na situación privilexiada (pola súa centralidade) da vila de Gondomar dentro da comarca. Dende sempre, […]

Le mais Manifesto Miñor lanza a campaña de apoio ao comercio local “Neste Nadal nós mercamos local”
Decembro 20, 2023

Etiquetas: ,

Manifesto Miñor considera prioritario dotar de servizos as parroquias e atender as demandas básicas da veciñanza antes que seguir comprando inmobles sen unha finalidade concreta

No Pleno do mércores 13 de decembro, o goberno municipal trouxo un punto sobre a sinatura dun convenio coa Xunta de Galicia para a compra do Café de Lis por un importe de 270 000 euros, no centro da Vila de Gondomar. Dende Manifesto Miñor, consideramos que o incremento patrimonial de Gondomar non pode hipotecar […]

Le mais Manifesto Miñor considera prioritario dotar de servizos as parroquias e atender as demandas básicas da veciñanza antes que seguir comprando inmobles sen unha finalidade concreta
Decembro 18, 2023

Etiquetas: , , ,

Manifesto Miñor acada o apoio unánime da Corporación Municipal para que o Goberno Municipal solicite unha xuntanza coa Consellería de Industria na procula dunha solución definitiva á situación do polígono d’A Pasaxe

Grazas a unha moción defendida polo concelleiro Antonio Araújo e apoiada unanimemente por todos os grupos da Corporación Municipal, o Goberno Municipal solicitará ante a Consellería de Industria unha xuntanza coa conselleira coa finalidade de artellar solucións para o polígono d’A Pasaxe. No Pleno deste mércores, 13 de decembro, dende Manifesto Miñor presentamos unha moción […]

Le mais Manifesto Miñor acada o apoio unánime da Corporación Municipal para que o Goberno Municipal solicite unha xuntanza coa Consellería de Industria na procula dunha solución definitiva á situación do polígono d’A Pasaxe
Decembro 15, 2023

Etiquetas: , ,

Manifesto Miñor solicitará no vindeiro Pleno unha xuntanza coa Conselleira de Industria para artellar solucións á situación crítica do Polígono d’A Pasaxe

Poñerse a facer agora un relatorio de todos os avatares e peripecias polas que leva pasado o Polígono Industrial  d`A Pasaxe ao longo dos case cincuenta anos da súa  existencia, suporía facer un exercicio tan inútil coma desesperante. Peor aínda, podería levarnos á irracional conclusión de que estamos diante  dunha sorte de “maldición bíblica” que, […]

Le mais Manifesto Miñor solicitará no vindeiro Pleno unha xuntanza coa Conselleira de Industria para artellar solucións á situación crítica do Polígono d’A Pasaxe
Decembro 5, 2023

Etiquetas: , ,

Manifesto Miñor solicita a comparecencia do Alcalde de Gondomar no vindeiro pleno para que esclareza a situación do Polígono d’A Pasaxe e explique a súa deixadez neste asunto

Manifesto Miñor ve con moita preocupación o novo atranco nas obras da primeira fase das obras de urbanización do Polígono d’A Pasaxe Dende Manifesto Miñor, sempre fomos absolutamente escrupulosos no tratamento deste asunto e colaborativos en todo aquilo que tivo/ten que ver coa ordenación e legalización do Polígono Industrial d´A Pasaxe. Igualmente, fomos contundentes e […]

Le mais Manifesto Miñor solicita a comparecencia do Alcalde de Gondomar no vindeiro pleno para que esclareza a situación do Polígono d’A Pasaxe e explique a súa deixadez neste asunto
Novembro 20, 2023

Etiquetas: , , ,