Manifesto Miñor reclama unha solución inmediata ao problema do transporte no Val de Miñor

Gondomar, 21 de agosto de 2026.- Vimos de coñecer pola prensa que a Xunta de Galicia volverá prorrogar a concesión a Lugove porque, según as informacións publicadas, aínda non está listo o novo concurso para adxudicar o servizo de transporte de viaxeiros. Logo dun ano, para Manifesto Miñor isto non é máis que un remendo que en nada soluciona o problema co transporte público na comarca nin mellora a situación actual, marcada por un conflito colectivo das persoas traballadoras coa empresa e unha precarización do servizo que afecta a ducias de persoas usuarias. Nos últimos tempos, de feito, observamos un deterioro do servizo ante a pasividade da Xunta de Galicia. 

Para que algún día poidamos ter un bo servizo de transporte, o primeiro que precisamos ter é un Goberno Galego que crea niso; a seguir, cómpre facer unha boa planificación do mesmo e, obviamente poñer os recursos financieros necesarios para que o servizo sexa de calidade. Aí, por exemplo, é onde poderían investir parte dos fondos europeos de loita contra o cambio climático. 

Con todo, lamentamos tamén a falta de interse por parte dos gobernos municipais da comarca, que non están á altura ao non ser quen de dar respostas as necesidades da veciñanza. No outono de 2025, a Xunta de Galicia solicitou aos concellos implicados achegas para mellorar o servizo. A día de hoxe, Manifesto Miñor descoñece o seguemento que se lle fixo das devanditas achegas nin tampouco en que punto está o novo concurso. Dende logo, non hai interese por parte de ningún dos tres gobernos municipais do Val de Miñor por reclamar a xunta de Galicia que se solucione o problema a maior brevidade posible, pois xa vai alá un case un ano dende que se rescindiu o contrato con Lugove. 

Por iso, dende Manifesto Miñor demandaremos, dentro das nosas posibilidades, que se desenvolvan cantas xestións sexan necesarias para que o transporte público na comarca sexa de calidade. 

Manifesto Miñor

Agosto 21, 2026