Manifesto Miñor leva a pleno a situación do comercio na contorna da Praza da Paradela

Despois de escoitar as queixas dos comerciantes das rúas adxacenteas á Praza da Paradela, algunhas delas tamén peonalizadas e outra simplemente afectadas polo sentido ou restriccións dos tráficos, a realidade é que a día de hoxe levan pechado varios comercios, outros están a piques de facelo, regulación de plantilla, baixos comercaiais baleiros que levan meses sen ser alugados, etc.

Se a isto lle sumamos a próxima marcha do Centro de Saude da zona, corremos o risco de termos unha grande zona humanizada no centro da Vila, sen vida. Dende MM-EM entendemos que a Vila de Gondomar debe manter a súa función como motor da economía local como foi historicamente, compatible coa vida cotiá da veciñanza, polo que é necesario sentarse a falar entre  comerciantes, goberno municipal, oposición, técnicos, etc., para lle buscar unha solución a esta problemática, que sen dúbida verase agravada polo crise que xa se nota e polos cambios nos hábitos á hora de mercar de moita xente.

Nós apostamos por vilas con vida onde o comercio de proximidade sexa un dos seus atractivos.

Outubro 17, 2019

Etiquetas: , , ,