Manifesto Miñor contra os parques eólicos que proxecta a Xunta nas serras do Galiñeiro e A Groba [Moción]
Atendendo ao chamado dos Grupos Ambientalistas e Culturais do Val Miñor, presentamos unha moción contra os parques eólicos nas serras do Galiñeiro e A Groba ao Pleno da Corporación Municipal de Gondomar, que posiblemente se celebre o xoves 4 de xuño. Por dignidade democrática e por seren loitas que forman parte dos principios fundacionais de Manifesto Miñor, defenderemos o noso patrimonio natural das ameazas do Partido Popular.
O Goberno da Xunta debe saber que con confinamento ou sen el no Val Miñor non tragamos.