Gondomar non aplica nin o mínimo recollido no “Plan Municipal de Emerxencia e Xestión do Risco de Seca Concello de Gondomar” aprobado polo pleno en 2021

Gondomar, a 13 de xullo de 2026.- No que vai de verán estamos a ver e a vivir un adianto do máis que evidente cambio climático ou quecemento global. Pois ben, de todas as anomalías climáticas que máis se notan e, sen dúbida, a de maior incidencia na vida das persoas, podemos recoñecer a falta de auga polo esgotamento dos acuíferos: secan as fontes, os pozos das casas, baixa o caudal dos ríos e dos regueiros, etc. A calor extrema destas semanas, a falta de chuvias e un consumo que non ten en conta esta realidade, fan o resto.

Sabemos que vai ser unha cuetión dificil de asumir e de xestionar en Galicia pola nosa cultura da auga, pero non vai quedar outra. É neste apartado onde os Concellos teñen un papel moi importante que xogar. En realidade, teñen a obriga moral e política de incidir na concienciación cidadá da importancia de usar con responsabilidade un ben imprescindible para a vida, e ademais escaso, como é a auga. 

Sen entrar en cuestións de maior calado como poden ser a construcción de novas infraestruturas ou en mellorar as que xa existen, a estas alturas do problema o Concello de Gondomar xa tería que estar traballando no máis básico: A DÍA DE HOXE NIN SEQUER SE EMITIU UN BANDO DA ALCALDÍA lembrando a situación a chamando á veciñanza a facer un uso racional e responsable da auga. Cousa que, non obstante, fixeron as comunidades veciñais de auga.

O Sr. Alcalde ten a obriga legal de aplicar o “PLAN MUNICIPAL DE EMERXENCIA E XESTIÓN DO RISCO DE SECA CONCELLO DE GONDOMAR “, aprobado polo pleno o 2 de decembro de 2021, que nos seus apartados 11.2 e 11.3 di expresamente:

 

11.2 Medidas en fase de prealerta

Campaña de concienciación ciudadá. Comunicar aos veciños a importancia do recurso e a redución do consumos ao indispensables, rega de xardíns máis esporádicos, etc. Medidas encamiñadas a reducir o consumo. 

 

11.3 Medidas en fase de alerta

As medidas nesta fase irán encamiñadas a diminuír o consumo de auga. Redución de regas en xardíns públicos. Reducir ao 50% as regas en xardíns públicos e nas rúas mentres dure o período de prealerta. Aumentar al 100% en caso de persistir a fase de alerta o pasar a fase de emerxencia. 

 

Dende Manifesto Miñor vimos de instar por escrito Sr. Alcalde a que comece a mover ficha, pois o verán acaba de comezar e o peor, se non chove, está por vir.

Asdo. Antonio Araújo Quintas.

Portavoz municipal de MM.

Xullo 13, 2026

Etiquetas: , ,