25 de xullo no Val de Miñor: 4º izado da bandeira galega no Galiñeiro

A Patria Galega somos todxs! Está presente onde hai galegos e galegas, en cada recuncho do País, en moitos lugares do Mundo.

Val de Miñor, 15 de xullo de 2026.- Manifesto Miñor leva anos celebrando na Comarca o 25 de xullo, pois entendemos que a Patria Galega somos todas e todos os galegos, teñamos ou non siglas partidarias. Dende hai catro anos, realizamos un acto de izado da bandeira galega nos montes da Serra do Galiñeiro, por seren uns montes referenciais, os nosos montes protectores, o noso Olimpo particular cargado de simbolismo, de lendas, de Historia… que fai dese espazo único o máis prezado patrimonio natural e inmaterial que temos e que cómpre defender.

Neste 2026, e xa van catro, volvemos subir ao Galiñeiro para izar a bandeira galega, xunto coa bandeira do pobo palestino (como xa fixemos na pasada edición) para conmemorar o día da Patria Galega. O Acto principal terá lugar o vindeiro venres, 24 de xullo, ás 20 horas, onde o curro do Galiñeiro. Trátase dun acto cívico e de irmandade, aberto a toda a veciñanza do Val de Miñor e alén da Comarca que se queria sumar. Coma sempre, quedamos arredor das 19:45 onde o merendeiro do Galiñeiro para subir xuntas e xuntos ata o curro, onde procederemos ao izado da bandeira. 

 

VIVA O 25 DE XULLO!

Manifesto Miñor.

Xullo 15, 2026