A negativa do Sr. Ferreira a consensuar o Plan Concellos deixa a Gondomar sen parque de autocaravanas

Centro desenrolo local

Gondomar relega o Parking de autocaravanas. Tampouco aborda as obras de mellora de servizos na Praza de abastos.

A creación do parking de auticaravanas foi excluído pola Alcaldia

O proxecto da Concellería de turismo para a creación dun Parking de autocaravanas, con orzamento de 64.000 €, elaborado para presentar ao Plan Concellos da Deputación Provincial 2018, foi excluído pola Alcaldía.

O boom do sector tamén está impulsado non só polo feito de que cada vez se hai máis interese na compra de autocaravanas, senón tamén, polo crecemento do número de empresas que se dedican ao aluguer.

O beneficiario o comercio local

Cada autocaravana deixa consume un mínimo  de 100€ no comercio local en restaurantes, supermercados, farmacias, etc. Trátase dun perfil de viaxeiro “respetuoso coa natureza e co entorno e de clase media alta”. Como exemplo da dinamización económica que xera o sector das autocaravanas podemos poñer o concello galego de Foz.

Alí  os viaxeiros xuntaron todos os tikets das compras feitas durante unha fin de semana. A suma acadaba os 7.800 euros, aínda que non puideran computar o 40% das compras, por falta dos comprobantes.

7000 autocaravanas cun crecemento do 20%

Asociación Galega de Autocaravanas considera o grande crecemento do sector en Galicia obedece tanto ao reclamo da paisaxe e da variedade da oferta turística posuímos. Galicia conta con perto 7.000 autocaravanas rexistradas, cun crecemento anual do 20%. Aumentar tanto a compra como o aluguer, con tres perfís: matrimonios con nenos, mocidade, surfistas e xubilados.

O sector de autocaravanas en España, que xa conta don 45.000 vehículos,  enfróntase ao 2018 con expectativas de crecemento do 30% grazas ao feito de que este tipo de turismo de estradas está “de moda” debido á súa flexibilidade e que rexistran 4.000 vehículos no territorio nacional cada ano.

Se sumamos as 250.000 autocaravanas que cada ano chegan atravesan os Perineos con destino á Península Ibérica, podemos concordar que estamos diante dunha grande oportunidade.

Un lugar privilexiado

Gondomar, é un lugar ideal para acoller un parking de autocaravanas, segundo considera a Asociación Galega de Autocaravanas. Ten un lugar perto do centro da vila, da policía e dun área fermosa como o Parque da Coelleira.

Un referente no sur da provincia de Pontevedra

Co parking Gondomar, poderíamos completar oferta turística da Comarca do Val Miñor, que carece deste tipo de infraestruturas, e sería complementaria a outras interesantes ofertas turísticas que se fan nos concellos limítrofes. Mesmo seríamos un referente en todo o sur da Provincia de Pontevedra, sen alternativas que puidesen concorrer con Gondomar.

Sin melloras na Praza de Abastos

Tampouco correo mellor sorte o proxecto para a ordenación e mellora de servizos na Praza de Abastos como: Instalacións eléctricas, luminotecnia, auga sanitaria ou saneamento. A Alcaldía tampouco recolleu este proxecto.

Gondomar, 2 de maio de 2018

Concelleiro de Comercio e Turismo

Xosé Antón Araúxo Rodríguez

Maio 3, 2018