A guía de turismo de Gondomar está MISSING

Guia turistica gondomar

A guía turística con 30 rutas de Gondomar está MISSING. A visualización das rutas en Wikiloc, inoperativa.

Gondomar ten listas para activar 30 novas rutas de trecking, ou camiñadas máis curtas,  para incluír en WIKILOC, unha plataforma que conta con máis de 4.000.000 millóns de menbros. Desde o mes de marzo no que se acabou a recollida de datos e concreción dos roteiros  coas súas carácterísticas, fíxose un minucioso e pormenrizado traballo de dixitalización e subida á plataforma internacional de wikiloc. Nada disto se pode ver aínda en internet, porque o Concello non activou a súa visualización e a súa proxección mundial.

Ao tempo, xa están impresos en papel, desde mediados de novembro, os 500 exemplares, de máis de 400 páxinas cada volumen, coa detallada información de cada unha das rutas. Pero tal como acontece co proxecto dixital, tampouco foi distribuído entre establecementos hosteleiros locais, nin presentado aos medios, nin posto a disposición da cidadanía ou profesionais do turismo.

Na Concelleria de Comercio e Turismo, da que Xosé Antón Araúxo era responsable, tiñan recollidos os datos desta guía  de  turismo desde  marzo. Nela detallanse as 30 rutas de senderismo que recorren o patrimonio cultural, arqueolóxico, etnográfico ou natural do Concello de Gondomar, 30 novas rutas listas para visibilizar que se engaden ás 6 que xa estaban subidas na aplicación da Concelleria de Turismo, que estaban a levantar a curiosidade de persoas de latitudes moi dispares do mundo. Publicadas xa en galego e castelán, estabamos á espera de facer a publicación en inglés para o vindeiro ano.

 

Non entendemos a razón pola que todo este material esta missing: será por incapacidade de xestión, será por que non se valora este tipo de proxectos para potenciar o Gondomar natural, ou, se cadra, será por agachar o traballo feito polo anterior concelleiro de turismo. Pode haber algúnha outra razón que explique este estrano comportamento?

 

En todo caso, queremos urxir a que este traballo sexa posto na rede e os libros sexan  distribuídos entre os profesionais do sector do turismo e da hostalería de Gondomar. É unha gran oportunidade para que se dea a coñecer todo o noso patrimonio ecolóxico e etnográfico a aquelas persoas que se achegan a Gondomar para desenvolver actividades distintas das do turismo de sol e praia.

 QUE É WIKILOC?

Wikiloc é un site para descubrir e compartir rutas ao aire libre a pé, en bici e de moitas outras actividades, conta con 4,205,858 membros explorando e compartindo 10,438,494 rutas. A plataforma foi creada no 2006, polo enxeñeiro informático, amante da montaña Jordi Ranot, orixinario de  Sant Feliu de Guixols en 1973, localidade costeira da Costa Brava en Girona é hoxe un dos principais puntos de referencia mundias para os amante do trecking e as camiñanadas.

Wikiloc é, sobre todo, unha moderna e tecnolóxica mashup gratuíta onde se poden almacenar e compartir rutas ao aire libre, xeorreferenciadas (especialmente con GPS) e puntos de interese (waypoints) de todo o mundo. As rutas pertencen a distintas categorías segundo o desprazamento, destacando o trecking, o ciclismo e multitude de actividades máis. Wikiloc contén información en varios idiomas. As rutas teñen o formato dun mapa simple de Google Maps, OpenStreetMap e outros mapas. O servizo está dispoñible en Google Earth como unha capa e aplicacións móbiles para iPhone e Android. Un mashup é unha forma de integración e reutilización. Ocorre cando unha aplicación web é usada ou chamada desde outra aplicación, co fin de reutilizar o seu contido ou funcionalidade. O uso en outra(s) fonte(s), para crear novos servizos simple, visualizada nunha única interfaz gráfica diferente. Por exemplo, podes combinar as indicacións e fotos dunha biblioteca cun mapa de Google Maps para crear un mapa mashup.

 

Gondomar, 17 de decembro de 2018

Xosé Antón Araúxo Rodríguez,

ex-concelleiro de Comercio e Turismo

Decembro 17, 2018

Etiquetas: , , , , ,