Magníficas noticias para as persoas afectadas de cláusulas chan de Gondomar: recuperarán unha media de 6000€

A sentenza do Tribunal de Comercio número 1 da Coruña que deu a razón xs clientes, entre os que hai, bastantes de Gondomar, nunha reclamación xudicial presentada pola Asociación Galega de Consumidores e Usuarios (Acouga) contra ABANCA, será firme se non hai unha apelación por parte da fiscalía. Deste xeito, a entidade debe devolver o diñeiro que se cobra ás persoas afectadas con préstamos hipotecarios con cláusulas chan antes de maio de 2013. A sentencia favorable aos intereses dxs consumidorxs, incluídxs xs de Gondomar, pasará a ser  firme xa que “Segundo declaración da Fiscalía de Galicia a Europa Press, o fiscal do caso tampouco recorrerá a sentenza”.

Concretamente, mañá venres, ás 15 horas, faise firme a sentenza, acto seguido Acouga vai pedir a execución da mesma. Entre 15- 20 días despois, ABANCA fará o ingreso nas contas dxs afectadxs; se xs afectadxs xa non teñen conta en ABANCA, esta depositará os cartos no xulgado.

Pedimos a todos xs consumidorxs de Gondomar afectadxs que participaron nas reunións impulsadas polo, daquela, concelleiro de consumo Xosé Antón Arauxo,  feitas en Gondomar, ou que se incorporaron despois, que estean atentxs as novidades que iremos publicando para facilitar o cobro inminente das cantidades correspondentes e do procedemento aconsellado para facelo.

Acouga ten un acordo de colaboración cun economista que fará informes xs afectados do que lles corresponde  recibir, se así o desexan e o solicitan. Este informe serviría como proba para reclamar diante  do xulgado se os cartos devoltos por ABANCA fosen menores dos debidos.  Con este informe xs afectadxs saberían canto lle teñen que devolver. O  informe custa entre 120 e 150 euros, e para xs socixs de ACOUGA 60 euros.

A media que se calcula que recuperaran os nosos veciños e duns 6000€. Para máis información xs afectadxs poden pórse en contacto con Manifesto Miñor en manifestominhor@gmail.com

 

Gondomar, 20 de decembro de 2018

Xosé Antón Araúxo Rodríguez,

Concelleiro de Manifesto Miñor e Exconcelleiro de Comercio e Turismo

Decembro 20, 2018

Etiquetas: