Logo

Manifesto Miñor

Xuntas pola rexeneración dos nosos concellos

  • TRABALLO MUNICIPAL
    • Concelleir@s
    • Iniciativas
    • Documentos
  • ACTUALIDADE
    • Novas
    • Axenda
    • Opinión
  • PARTICIPA!
    • Achegas
    • Asembleas
  • QUEN SOMOS
    • Nacemento
    • Como nos organizamos
    • Política de privacidade
  • IMAXES
  • CONTACTA
  • a Cova da Becha

Sobre a Praza de Abastos de Gondomar

Praza de abastos Gondomar

Dende a Candidatura de Unidade Veciñal e o grupo municipal de Manifesto Miñor, diante da problemática xurdida na Praza de Abastos de Gondomar, queremos facer pública a nosa postura:

Primeiro

Manifestamos o noso total apoio e respaldo ao concelleiro de Comercio, Xosé Antón Araúxo, polo seu impecable labor a favor do comercio local de Gondomar en xeral, e da Praza de Abastos en particular.

Segundo

Queremos deixar claro o noso respecto absoluto e escrupuloso ao dereito dos praceiros e das praceiras a se manifestar e a dar a súa opinión. Agora ben, lamentamos que este tipo de posicionamentos pechados ao diálogo, nin favorecen a imaxe da Praza de Abastos nin aos negocios dxs propixs praceirxs.

Terceiro

A necesidade de regularizar administrativa e legalmente a situación dxs praceirxs é inaprazable, entre outras razóns para poder optar aos programas e axudas de Europa, do Estado, da Xunta, etc. Sen ese requisito, non é posible acceder ás mesmas, polo que sacar a concurso os postos baleiros non resolvería o problema.

Cuarto

Debemos aclarar que a licitación que se está a propoñer non se trata dunha subasta de postos como se está dicindo publicamente con insidia e mala intención. Trátase dun concurso público regulado por unas bases e axustado á Lei. Cómpre recordar que nestas bases se lle outorgan 15 puntos sobre 50 de vantaxe xs praceirxs da Praza de Abastos.

Quinto

O funcionamento da Praza de Abastos de Gondomar suponlle ao Concello una carga considerable que financia toda a veciñanza cos seus impostos, co obxectivo de que sexa un elemento dinamizador da económia local, polo seu carácter singular, que non todas as Vilas teñen. A cidadanía de Gondomar debe saber que xs praceirxs establecidxs nela, ademáis de facer un uso exclusivo dun ben público e municipal, non pagan a auga, a luz, a recollida de lixo, a taxa de sumidoiros, a contribución (IBI)…; de feito, corre tamén por conta do Concello a limpeza diaria, a desratización e desinsección regulares ou as obras de mantemento. Todo isto por unas cotas que van de 87€ a 406€/ ANO por posto… Velaí a necesidade de poder acceder ás axudas externas.

Sexto

Por último, convén dicir con claridade que NINGUÉN, dxs actuáis praceirxs, VAI PERDER O SEU POSTO, entre outras razóns e a maiores dos 15 puntos de vantaxe, porque actualmente HAI 12 POSTOS BALEIROS que levan anos nesa situación.

Dende aquí facémoslle un chamado a todxs xs praceirxs a dialogar para resolver unha situación da que todxs imos sair beneficiadxs e a que presentes as súas propostas antes do 25 de maio, co compromiso de nos xuntar o día 26 para valorar a situación.

En Gondomar, a 5 de Maio de 2017.

Grupo de Comunicación de Manifesto Miñor

Compartir:

  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Maio 7, 2017
Publicado en INICIATIVAS, NOVAS
Etiquetas: abastos, auga, diálogo, financia, gondomar, lixo, praceiros, praza
Ant. Seguinte

Buscar

Filtros

  • ASEMBLEAS
  • AXENDA
  • DOCUMENTOS
  • IMAXES
  • INICIATIVAS
  • MOCIONS
  • NOVAS
  • OPINION
  • VIDEO

Ultimos artigos

  • Manifesto Miñor apoia a manifestación de Queremos Galego “Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística” en Compostela polo Día das Letras Galegas
  • Manifesto Miñor anima a toda a veciñanza da Comarca a participar en todas mobilizacións contra os recheos no porto de Baiona
  • Manifesto Miñor presenta alegacións aos proxectos de saneamento e abastecemento de auga para garantir a súa execución
  • Os recheos no porto de Baiona son un atentado contra o medio ambiente que pon en risco o litoral do Val Miñor
  • Carta aberta de Antonio Araújo, voceiro de Manifesto Miñor, ao Señor Presidente do Gondomar CF

Comentarios recentes


    minhor.gal 2018
    Esta obra ten unha licenza Creative Commons
    Recoñecemento-Non comercial 4.0 Internacional.



    Políticas de Privacidade, e Cookies
    Aviso Legal

    IAMSocial, Un tema de WordPress por @aicragellebasi
    Scroll Up
    A %d blogueros les gusta esto: