O señor Ferreira remata a lexislatura cunha nova trapallada

Casa do Concello

Esta vez foi coa convocatoria do Pleno. Non acabamos de nos acostumar ás continúas chapuzas de Paco Ferreira. Outra máis. Esta vez temos dúas convocatorias diferentes para o pleno de mañá xoves, día 16. A primeira chegou incompleta pois  faltaban puntos da orde o día a tratar, que foran previamente ditaminados na Comisión informativa; a segunda,  fora dos prazos que esixe a lei; polo medio, achegou documentación á oposición cando xa rematara o prazo legal.

Xa sabemos que cumprir o regulamento orgánico do concello ou actuar axustándose a lei, non é o forte de Paco Ferreira, por non falar da falla de respecto ao traballo da oposición. Formas de actuar que desde Manifesto Miñor consideramos nocivas para a pluralidade e para a participación cidadá. Cómpre erradicalas, e no vindeiro mandato que se inicia a partires do 26 de maio, ese será o noso obxectivo:  recuperar a convivencia, dentro e fóra, da institución municipal que tan deteriorada deixou o paso pola alcaldía de Paco Ferreira, un personaxe que demostrou abondo a súa incapacidade para establecer consensos, para respectar os acordos, ou simplemente para escoitar á veciñanza.

En Gondomar, 15 de maio de 2019

Xosé Antón  Araúxo Rodríguez,

Concelleiro de Manifesto Miñor

Maio 16, 2019

Etiquetas: , ,