Manifesto Miñor solicita que se subministren máscaras ao alumnado de Gondomar

Diante deste caótico inicio de curso e tras comprobar que nin a Consellería de Educación nin ningunha outra administración (Deputación de Pontevedra ou o propio Concello de Gondomar) se preocuparon de atender as necesidades do alumnado dos centros de ensino de Gondomar, dende Manifesto Miñor esiximos máis recursos para que as familias, especialmente aquelas que se atopan en situacións de especial vulnerabilidade, poidan ter acceso aos medios de protección esixidos polas autoridades educativas.

Nesta situación de emerxencia sanitaria, cómpren actuacións orientadas a garantir o dereito a unha educación pública en igualdade, polo que non se pode xogar coa seguridade e a saúde nin do alumnado nin das familias. É obriga das administracións, polo tanto, subministrar máscaras a todos xs estudantes dos centros de ensino de Gondomar.

Setembro 30, 2020

Etiquetas: , ,