En Marea esixe a transferencia das competencias en Salvamento Marítimo para Galicia

A candidata Iris Malvido, número un por Pontevedra por EnMarea visitou Baiona en compañia do referente local Antonio (Nano) Espinar, o candidato ó congreso Manuel González Moreira e o concelleiro de Oia Xose Lois Vila por Movemento Oia.

Despois de visitar a localidade miñorana e tratar in situ as diferentes problemáticas que asolagan a zona, os candidatos tiveron un encontro coa cidadanía nun acto realizado no Multiusos Angel Bedriñana, na Praza de Abastos.

Nano Espinar comezou a súa intervención reclamando maior autogoberno e maior autoxestión. Neste sentido sinalou que “o 80% dos mariñeiros do estado que perden a vida no mar son galegos”, ademais “se houbese unha nova catastrofe medioambiental, como a do Prestige, seguiriamos sen ter os mecanismos para resolvela adecuadamente”. Por isto, En Marea exixirá en Madrid a transferencia de competencias en salvamento marítimo.

O número dous, Manuel González Moreira, médico de profesión incidiu na necesidade de protexer o sistema público e universal de sanidade, no cal todo o mundo teña dereito a un servizo digno.

Iris Malvido Lago centrou a súa intervención na necesidade de potenciar a investigación, a innovación e desenvolvemento da nosa industria,“Queremos que Pontevedra sexa o Sillicon Valley do estado”. A potenciación da industria ten que ir obligatoriamente ligada á conexión da provincia  con Portugal mediante a saída sur por Vigo, así como a priorización do Corredor Atlántico e da conexión entre os portos galegos.

En Baiona, 15 de abril de 2019.

En Marea

Abril 17, 2019

Etiquetas: , ,