Asemblea aberta de Manifesto Miñor – En Marea en Baiona

Que queres para Baiona?

Este venres, 29 de marzo, ás 20:00 horas, no Multiusos Angel Bedriñana de Baiona Asemblea Aberta de Manifesto Miñor – En Marea para traballar no proxecto de unidade para o noso concello.

Esta Asemblea tamén servirá para escoitar á veciñanza, recoller inquedanzas e suxestións, para lle ir dando forma ao programa electoral das vindeiras eleccións muncipais do mes maio. Asemade, outro dos obxectivos é animar ás veciñas de Baiona para que participen libremente neste proceso electoral colaborando en Manifesto Miñor – En Marea. Só abrindo as organizacións políticas á sociedade será posible un cambio en profundiade  no Concello de Baiona.

Todxs somos necesarixs: mulleres, homes, mozxs, novxs, traballadorxs, mariñeiros, desempregadxs, ecoloxistas, feministas. A candidatura de Manifesto Miñor – En Marea, pretende a diversidade e a pluralidade dunha sociedade do século XXI.

Achégate e participa! #DecidimosXuntas #DecidesTi

Marzo 26, 2019

Etiquetas: ,