O Consello de Contas investigará a xestión económica de Paco Ferreira logo de 10 anos sen orzamentos en Gondomar
Hai un par de semanas, dende Manifesto Miñor puxemos en coñecemento do Consello de Contas a situación do Concello de Gondomar, cuns orzamentos prorrogados dende hai case dez anos, e cuns gastos de máis de 5 millóns de euros con reparos da Intervención municipal. Entendemos que os cartos públicos, que saen basicamente dos impostos de toda a veciñanza, son sagrados e non se poden gastar como ao Señor Ferreira lle dea a gana. O Alcalde soamente mira polos seus intereses persoais e partidistas, pasando porriba das normas ou facendo caso omiso das advertencias da Intervención do Concello.
No seguinte documento, compartimos o escrito remitido ao Consello de Contas, asinado polxs nosxs concelleirxs, Antonio Araújo Quintas e Rocío Cambra Castro.
Veremos como acaba este novo episodio de soberbia política de Don Paco Ferreira, que ten unha idea equivocada do que son as institucións e a representación públicas. O alcalde actúa coma se os cartos públicos foran del, cando non é máis que un xestor do público.
Adxuntamos tamén a resolución pública do Consello de Contas.