O alumnado de infantil da aula de Peitieiros do CRA Antía Cal perde o servizo de comedor

  • As nenas e os nenos do CRA Antía Cal de Gondomar perderon o servizo de comedor por non ter quen xs cruce ao CEIP Neira Vilas.

  • O Goberno de Gondomar non fixo as xestións oportunas para conseguir que os nenos e as nenas poidan cruzar a carretera de xeito seguro.

Agora que o debate está en evitar que o rural do país quede sen xente, sobre todo sen nenxs, e que a conclusión á que todo mundo chega é que pra evitalo a mellor maneira é dotándoo de servizos, resulta que na parroquia de Peitieiros-Gondomar imos para atrás. Hai uns anos conseguiramos que o alumnado do CRA “Antía Cal” poidese utilizar o comedor do CEIP “Neira Vilas” simplemente cruzando a estrada que os separa con persoal de apoio. Esta circunstancia posibilitou que moitas familias puidesen conciliar a vida familiar e laborar e, en consecuencia, matricularon aos seus fillxs nese CRA, aumentando o número de alumnxs. Agora que moitas desas nais e pais matricularon xs fillxs nese CRA convencidos da existencia do comedor escolar, resulta que non se pode dar ese servizo porque non hai persoal disposto para axudar a cruzar a estrada xs nenxs.

Ese é o motivo de que o grupo municipal de Manifesto Miñor presente esta moción ao vindeiro pleno, porque o Concello tense que implicar neste asunto. Se hai un servizo no que investir os cartos públicos, ese debe ser o ensino dos nosos fillos e fillas, aínda que as compentencias non sexa municipais.