Manifesto Miñor presenta unha moción no próximo Pleno para combater as enchentes de Gondomar coa colaboración de todas as administracións implicadas
Todos os estudos científicos apuntan a existencia de fenómenos atmosféricos extremos por mor dun cambio climático que xa está aquí, un problema que irá medrando e a respecto do cal os gobernos, as administracións públicas, etc., teñen a obriga de poñerse mans á obra, tanto para reducir o seu impacto inmediato, como, sobre todo, para reverter a situación a medio e longo prazo naquilo que dependa da actividade humana.
No caso de Gondomar, dende a Administración local, cómpre actuar, tanto con iniciativas propias como demandando das demais administracións públicas actuacións urxentes. Dende Manifesto Miñor, coidamos que esas medidas teñen que ver máis co sentido común e a aplicación da lei, que con grandes investimentos ou grandes obras que tampouco resolverán definitivamente o problema, pois enchentes hóuboas e vainas haber sempre.