Manifesto Miñor presenta unha moción en apoio ás mobilizacións dxs bombeirxs dos parques comarcais

Dende Manifesto Miñor, vimos de presentar unha moción en defensa da loita do colectivo de bombeirxs, pois entendemos que como usuarixs deste servizo, a maiores do GES, temos a obriga moral e política de nos solidarizar con elxs e as súas xustas reividicacións. As institucions públicas responsables dos Parques Comarcais de Bombeiros (24 en toda Galiza), Xunta e Deputacións, deben sentar a negociar para resolver este conflicto que lle afecta a un colectivo tan necesario e que sempre están en primeira liña en caso de catástrofe. Trátase dunhas reivindicacións que basicamente reclaman dignificar e meollar as condicións laborais, salariais e de dereitos do colectivo. Algo teremos que dicir a cidadanía neste caso a través dos repesentantes públicos na coporación municipal de Gondomar.

Novembro 8, 2023

Etiquetas: , ,