Dende Manifesto Miñor condenamos os recortes no ensino público que afectan aos centros de ensino de Gondomar e apoiamos a mobilización da ANPA do IES Auga da Laxe
Durante os últimos dous cursos académicos, a Consellería de Educación vén practicando unha política de recortes que afecta, sobre todo, a redución de profesorado nos centros de ensino públicos. Como consecuencia, no presente curso haberá nos colexios e insitutos galegos uns 700 docentes menos que no curso pasado. Pero, ademais, moitos centros contan hoxe con menos persoal docente que antes da pandemia, o que supón un aumento de ratios que dificulta a labor do profesorado e unha atención axeitada das necesidades educativas do alumnado.
Dende Manifesto Miñor, apoiamos a denuncia pública que no día de hoxe fixo a dirección do IES Auga da Laxe de Gondomar e que compartimos a continuación:
Asemade, animamos a toda a veciñanza de Gondomar a participar na mobilización de protesta convocada pola ANPA As Gaiandas para o vindeiro luns, 5 de setembro, ás 18:30 horas, diante do IES Auga da Laxe. Temos que saír á rúa para defender os servizos públicos e impedir que o Partido Popular siga desmantelando o ensino público universal.