Manifesto Miñor volve levar a Pleno a presunta estafa do Punto Limpo de Gondomar

O PLENO ORDINARIO DA CORPORACIÓN MUNICIPAL DE GONDOMAR VAI DEBATER UNHA MOCION DE MM SOBRE A PRESUNTA ESTAFA E/OU ENGANO QUE A EMPRESA ADXUDICATARIA DA RECOLLIDA DE LIXO ESTA A COMETER CO CONCELLO, MAIS OBRE TODO COA VECIÑANZA. O ALCALDE TEN QUE ACTUAR E TOMAR MEDIDAS CONTUNDENTES E EXEMPLARIZANTES.

“Era sabido”. Nunca unha expresión galega tivo tanto significado. Era sabido porque así llelo advertimos por activa e por pasiva ao Goberno do Sr. Ferreira que non quixo atender as nosas propostas de adxudicar a empresas diferentes a xestión do Punto Limpo e a recollida ordinaria dos RSU. Fagamos un sinxelo razoamente ou exercicio elemental de sentido común:

1º.- Os “Puntos Limpos” son espazos aos que os cidadáns levamos unha serie de residuos (RSU) co obxecto de lle procurar unha “segunda vida” valorizándoos e, en todo caso, evitando que sexan queimados en SOGAMA. Tamén teñen unha función pedagóxica baseada nos tres “R” : reducir, reutilizar e reciclar.

2º.- Daquela, se alguén ten unha empresa cuxo negocio consiste en exclusiva en recoller os RSU que producen os cidadáns, todo indica que o seu principal adversario serían os puntos limpos. Até aí a lóxica do mercado.

3º.- Pois en Gondomar por mor do Goberno Municipal do Sr. Ferreira, a mesma empresa que recolle os RSU é a que xestiona o Punto Limpo. Como dicimos na aldea “a raposa a gardar o galiñeiro”.

O resultado é unha presunta estafa ao Concello de Gondomar e á cidadanía que civicamente levamos ao Punto Limpo centos de Toneladas de residuos ao ano. A presunta estafa consiste en que a empresa adxudicataria aforra miles de euros na recollida deses RSU que os cidadáns levamos ao PL, incluso na xestión específica dos mesmos, mentres o Concello paga a SOGAMA todas esas toneladas que deberían estar fóra dese circuito. Obviamente, a función pedagóxica do PL queda tocada diante dos cidadáns: para que separar as cousas e levalas ao PL se van ser queimadas igual….. Entendedes agora o da raposa a gardar o galiñeiro?

En Manifesto Miñor sabíamos que isto ía pasar e, por iso, nos opuxemos a que, nos pregos de condicións que rexeron a contratación da recollida de RSU, o Punto Limpo non fose un concurso diferenciado. Agora aquí podedes ver o resultado froito dun seguimento de máis dun ano. Centos de colchóns e miles de kgs de residuos “impropios” son cargados nos camións da recollida ordinaria do lixo que un día á semana “fan parada” no PL. para descargar na Empacadora d´O Porriño e daí a queimar a SOGAMA.

O Goberno Municipal sabíao, e disto vai ter dar explicacións e tomar medidas no Pleno deste xoves 1 de setembro.

En Gondomar, a 30 de setembro de 2022.

Asdo.: Antonio Araújo Quintas.

Vocieor municipal de Manifesto Miñor

Agosto 31, 2022

Etiquetas: , ,