As mocións de Manifesto Miñor sobre a canteiro de Penide e as paradas de autobús en Vilaza, aprobadas por unanimidade da Corporación Municipal (Pleno Gondomar, febreiro 2022)
No Pleno de Gondomar do pasado xoves, 03 de febreiro de 2022, defendemos dúas mocións moi importantes para a veciñanza do noso Concello.
Dende hai varios meses, vimos denunciando actuacións “irregulares” no recheo da canteira de Penide, en Prado, sen que ningunha administración efectúe os traballos de control pertinentes nestes casos. A situación é moito máis grave do que parece pois, o pasado mes de decembro, coas abundantes chuvias que houbo, os regueiros baixaban coas envoltas, que ían dar ao río do que Gondomar capta a auga para a traída municipal. Dende Manifesto Miñor, volvimos a poñer a situación en coñecemento do concello a través da moción que presentamos no Pleno do pasado xoves. Agardamos que, logo do apoio unánime da Corporación Municipal, a administración local e a Xunta de Galicia (e os organismos implicados) controlen de xeito eficiente os traballos que se están desenvolvendo na canteira para evitar problemas medioambientais e os regueiros e manantiais acaben contaminados.
Dende Manifesto Miñor recollemos as demandas da veciñanza de Vilaza para implantar dúas novas paradas de autobús na parroquia. Xa sabemos da actitude desprezativa da Consellería de Transporte da Xunta de Galicia coa veciñanza de Gondomar, mais agardamos que, logo do apoio de toda a Corporación a esta moción (incluidos xs concelleirxs do Partido Popular), fagan as actuacións peritentes para resolver esta demanda.
Gondomar, 06 de febreiro de 2022
Manifesto Miñor