Manifesto Miñor leva a Pleno os efectos das escorrentías producidas polo recheo da canteira de Penide (Prado, Morgadáns)

En abril do 2021, denuciamos o que considerabamos un recheo se control no selado da canteira de Penide-Prado-Morgadáns. Daquela a Xunta de Galicia contestou que tiña autorización vinculada ao expediente de permiso de investigación no monte Penide no2886 (PO/02886).

Pois ben, ao noso entender, as cousas non se están facendo dunha maneira sostible e coidando o monte e a súa contorna pois, coa pouca chuvia que ten caído nos últimos meses, os regueiros baixan coas envoltas e van dar ao río do que Gondomar capta a auga para a traída municipal. Aparte de que ninguén estea a controlar os recheos, o verdadeiramente importante é que a ninguén lle preocupe esta situación, cando as escorrentías se ven perfectamente ao pasar pola zona. Podedes ver os vídeos e as fotos no perfil de Facebook “Veciños de Prado”.

Pois ben, dende Manifesto Miñor imos levar este asunto ao vindeiro Pleno de xaneiro, que, por certo, a día de hoxe está aínda sen convocar (nin temos ningunha comunicación por parte de Alcaldía sobre a data prevista para a súa celebración).

Xaneiro 17, 2022

Etiquetas: , , ,