Xornada de eliminación de eucaliptos nos montes de Vincios

2ª XORNADA DE ELIMINACIÓN DE EUCALPTOS DO VOLUNTARIADO MEDIOAMBIENTAL DE GONDOMAR.

A conciencia medioambiental vai medrando pouco a pouco da man de iniciativas coma esta e grazas a multitude de accións levadas a cabo por unha manchea de organización sociais de todo tipo e persoas particulares. Isto é sen dúbida unha boa nova, que ademais está prendendo na mocidade e nos máis novos.

O Concello de Gondomar, por medio da Concellaría de Medio Ambiente, somos pioneiros no País en saír ao monte a eliminar eucaliptos alí onde son Praga, e sempre, da man dos propietarios dos montes, neste caso dos montes Veciñais en Man Común. A primeira arrincada de eucaliptos foi hai meses nos montes da CCMM de Couso, e este sábado estamos convocados aos montes da CCMM de Vincios, en plena Serra do Galiñeiro, que por se foran poucas as ameazas que ten enriba, agora e despois dos lumes do ano pasado, está inundado por millóns de eucaliptos.

Pois ben, alí estaremos xs voluntarixs medioambientais de Gondomar, este SÁBADO, ÁS 10,30HS NA ÁREA DE LECER DO GALIÑEIRO ÁS ORDES DA CCMM DESA PARROQUIA.

Antes, ás 10hs temos un punto de saída onde a Policía Local de Gondomar.

Sen dúbida a xornada será un éxito e convido a toda a veciñanza de Gondomar a participar e se anotar no Voluntariado.

 

En Gondomar, a 3 de outubro de 2018.

Asdo.: Antonio Araújo Quintas.

Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente.