PRIMARIAS

Manifesto Miñor naceu cunha vontade clara de construír un proxecto común, entre todas e todos, no Val Miñor; hoxe, consolidados como o referente da esquerda galeguista na comarca, volvemos a lanzar un proceso aberto de primarias para a configuración das candidaturas. O luns, 18 de febreiro comeza o prazo de inscrición das persoas que queiran formar parte das candidaturas Baiona, Nigrán e Gondomar, unhas primarias que se rexeran polo Regulamento de primarias e polo Código ético xa aprobados pola nosa Asemblea.

O calendario do proceso de primarias é o seguinte:

18-28 de febreiro: Inscrición das persoas que queiran candidatarse.

1 de marzo: Publicación das candidaturas provisionais.

1-2 de marzo: Reclamacións á publicación das candidaturas provisionais.

3 de marzo: Publicación das candidaturas definitivas.

9 de marzo: Votación presencial.

Para presentar candidatura para formar parte das listas en calquera dos tres concellos do Val Miñor é preciso cubrir o seguinte formulario: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSf5a1EV3rApggbKSRRyh7zCmIdrPbEmiX99jXUlU5ZWl9y6pg/viewform?usp=send_form. Non esquezas indicar o teu concello!

Para presentar candidatura á Entidade Local Menor de Morgadáns envía un correo ao Comité Electoral (comiteelectoralmanifestominhor@gmail.com) indicando o nome e o número do teu documento de identidade.

O Comité Electoral está formado polas seguintes persoas: Carlos Moreira, Paulino Lores e Alfonso Posada.