O Manifesto Miñor por un Pacto de Vida

Cada ano, milleiros de persoas no mundo son infectadas polo VIH ou diagnosticadas de SIDA; outras moitas conviven co virus sen ter coñecemento de que están infectadas. Hoxe, 1 de decembro, #DíaMundialdaLoitacontraaSIDA, queremos lembrarnos de todas esas mulleres e todos eses homes que diariamente teñen que convivir non so coa enfermidade senón tamén coa exclusión e co rexeitamento social.

Hoxe é un bo día para recordarmos que hai moitas persoas estigmatizadas

Hoxe é un bo día para recordarmos que a prevención é o camiño para evitar o contaxio, mais a concienciación debe facerse diariamente, desde todas as institucións e con programas activos de prevención; hoxe é un bo día para recordamos que hai miles de persoas no mundo, portadoras do VIH, enfermas de SIDA, que non reciben os coidados necesarios para poder sobrevivir á enfermidade; hoxe é un bo día para recordarmos que hai moitas persoas estigmatizadas por un virus infame que as condena á exclusión social.

Hoxe, en fin, é un bo día para reclamarmos un PACTO de VIHDA contra o VIH, a SIDA, o estigma, a discriminación no Estado. Hoxe é un bo día para reflamarmos un PACTO de VIHDA global para que todas as persoas infectadas, independentemente de ter nacido nunha parte rica ou pobre do mundo, teñan acceso ás atencións básicas para non morrer de SIDA e esquecemento.

Pacto de Estado contra el VIH. Pacto de Vihda (FELGTB)

Decembro 1, 2015

Etiquetas: ,