O Concelleiro de Urbanismo, Antonio Araújo, inicia os trámites para atopar unha solución á casa do Telleiro

casa do telleiro

O pasado domingo, como é sabido, tivo lugar unha asemblea veciñal na parroquia de Borreiros convocada polas entidades veciñais da mesma á que asistimos todos os grupos municipais con representación na corporación, xunto cos propietarios da casa do Telleiro, para falar da posibilidade de lle buscar unha solución á devandita construción cuxo viabilidade está en cuestión polos problemas de seguridade vial que xera.

Como resultado da asemblea acordamos dirixírmonos ao Xefe Territorial de Pontevedra da Consellaría de Cultura para manter unha entrevista (á que asistirían veciños e propietarios), para ver de lle buscar unha solución ao problema.

Pois ben, a entrevista foi solicitada o mesmo luns polo Concelleiro de Urbanismo, Patrimonio e Medio Ambiente, tal como foi acordado, estando agora á espera da resposta do Xefe Territorial para nos xuntar.

A maiores diso e da posible solución ao devandito problema, na asemblea do domingo abriuse por parte do concelleiro de urbanismo a reflexión no sentido de que nas parroquias debemos abrir o debate sobre as velocidades dos coches, direccións únicas, etc., é dicir, facer das parroquias e do rural en xeral, un lugar amable para vivir onde primen as persoas sobre os vehículos. Reflexión que tivo unha boa acollida por parte dos asistentes.

Marzo 26th, 2018

Etiquetas: ,