Moción contra Porto Cabral e en defensa do comercio tradicional e de proximidade

O grupo municipal Manifesto Miñor presenta ao pleno do xoves 18 de xaneiro unha moción para a defensa do comercio local

O grupo municipal Manifesto Miñor presenta ao pleno do xoves 18 de xaneiro unha moción para a defensa do comercio local, na mesma destácase que o modelo de grandes superficies que algúns sectores prentenden implantar e un desastre económico e laboral, sen ir máis lonxe a implantación de Marineda City na Coruña trouxo consigo o peche doutro grande centro comercial como era Dolce Vita, así como o peche de 4.000 comercios e a perda de 6.000 postos de traballo e todo iso nunha área que conta cunha poResultado de imagen de porto cabralboación superior aos 900.000 habitantes.

Gondomar atópase na área de Vigo que ten unha poboación que apenas supera os 700.000 habitantes, no cal se pretende construir un centro comercial a poucos quilómetros do noso concello. O desenvolvemento deste centro tería consecuencias desastrosas para o comercio local de Gondomar e toda a comarca do Val Miñor pola sua proximidade.

O comercio local reúne uns 20.000 negocios na área de Vigo que dan traballo a 30.000 persoas, o sector supón un peso no PIB provincial do 5,1%.

E obriga dos responsables políticos defender o modo de vida dos/as nosos/as conveciño/as, polo que agradamos o apoio unánime de toda a Corporación Municipal.

 

Gondomar, 17 de xaneiro de 2018

Manifesto Miñor

 

Velaí compartimos a Moción, que imos defender no pleno do 18 de xaneiro de 2018 en defensa do comercio local.

Xaneiro 18, 2018

Etiquetas: