Manifesto Miñor reclama a reposición dunha parada de autobús escolar suprimida en Nande, Mañufe

Os recortes nos servizos públicos aos que nos ten acostumados o Partido Popular, como no ensino, poden chegar a ser case imperceptibles ou mesmo a pasar inadvertidos pola relación tanxencial que gardan cos mesmos. Velaí un exemplo: comezan suprimindo as paradas do autobús escolar e acaban eliminando o transporte escolar porque “total, os pais prefiren levar os nenos nos seus coches”.

Dende Manifesto Miñor, denunciamos a supresión dunha parada de transporte escolar no barrio de Nande, en Mañufe, que supón o desprazamento innecesario de varias nenas e nenos á parada seguinte para poder coller o bus para o Chano Piñeiro. Por iso, presentamos unha moción que defenderemos no vineiro Pleno de Gondomar solicitando a restitución da parada suprimida antes de inicio do curso escolar, de tal xeito que se garanta o acceso de todo o alumnado do CEIP Chano Piñeiro ao transporte escolar.

En Gondomar, 30 de agosto de 2024.

Manifesto Miñor.

Agosto 30, 2024

Etiquetas: , , ,