Manifesto Miñor presenta varias iniciativas contra os recortes na Escola Infantil A Galiña Azul de Gondomar

Os recortes en servizos básicos aos que nos ten acostumadxs o Goberno da Xunta de Galicia tamén chegaron a Gondomar. Desta volta, tocoulle á Escola Infantil A Galiña Azul, que, entre outra carencias, ten unha falla de persoal para tela atendida correctamente. Se temos en conta que estamos a falar de atender a nenxs/bebés de 0 a 3 anos, e mesmo dun servizo tan importante para a conciliación familiar, como é posible semellante despropósito?.
Esta é verdadeira cara das políticas de fomento da natalidade do goberno do PP na Xunta. Se realmente quixeran axudar a que as parellas novas tivesen fillxs, deberían apostar forte por este tipo de servizos, comezando por facelos gratuitos.
Pois ben, dende o Grupo de En Marea no Parlamento Galego, e dende o grupo municipal de Manifesto Miñor/En Marea no Concello de Gondomar, vimos de presentar varias inciativas para que o goberno galego tome medidas urxentes neste asunto tan importante para a veciñanza do noso concello.
Iniciativa no Parlamento Galego Moción no Concello de Gondomar
 
Febreiro 4, 2020

Etiquetas: , , ,