Manifesto Miñor apoia a manifestación de SOS Sanidade Pública en defensa da Área Sanitaria de Vigo
Os sucesivos gobernos do Partido Popular na Xunta de Galicia veñen desmantelando sistematicamente a sanidade pública galega. O obxectivo non é outro que reforzar e aumentar as medidas privatizadoras incluso, derivando á sanidade provada determinadas probas diagnósticas ou intervencións cirúrxicas ou provocando mesmo que sexan xs doentes quen acudan á sanidade privada na procura da atención presencial que non teñen ou, simplemente, para evitar esperas nas consultas de atención primaria ou na maioría das especialidades.
Dende Manifesto Miñor, denunciamos en numerosas ocasións o desmantelamento da sanidade pública na comarca, nomeadamente, ante a falta de persoal sanitario suficiente nos centros de saúde dos tres concellos de xeito que se garanta unha atención de calidade e unhas condicións de traballo digno para o persoal. Con todo, a situación segue sen mellorar; ben ao contrario, a Área Sanitaria de Vigo está sufrindo a vaga privatizadora do Partido Popular.
Polo tanto, dende a nosa formación apoiamos a manifestación de SOS Sanidade Pública do vindeiro xoves 16 de xaneiro de 2025, ás 19:00 horas, dende a Praza dos Cabalos e animamos a toda a veciñanza de Val de Miñor a sumarse a esta mobilización e reclamar a reconstrución da Área Sanitaria de Vigo.
Val de Miñor, 14 de xaneiro de 2025.
Manifesto Miñor