Gondomar en Nadal: orgullo do noso comercio

Gondomar, moito por descrubrir

E un pracer achegarse a este Gondomar en transformación e pasear polas rúas engalanadas para estas datas. Quero expresar o meu máis profundo agradecemento a todo o comercio de Gondomar que co seu esforzo, creatividade e xenerosidade ten contribuído a esta metamorfose, cos seus traballados escaparates, coa decoración das fachadas, etc. Especialmente quero recoñecer a todxs xs que participan no concurso de escaparates e fachadas, que están a crumprir coas bases emitidas dende a Concellería de Comercio, e que co seu enxeño incentivan a participación cidadá.

Dende o Concello queremos animar a veciñxs e forasteirxs a que visiten a Vila serea e harmoniosa do Conde de Gondomar nestas festas. Iluminación, música, pasarrúas, eventos e comercio están a esforzarse para que desfruten da nosa vila e para que teñan unha boa visita.

Gondomar, Nadal 2017

O concelleiro de Comercio

Xosé Antón Araúxo Rodríguez

 

Decembro 24th, 2017

Etiquetas: , ,