Gondomar coloca un banco no mundo

banco no mundo

O Concello de Gondomar, a través da súa Concellería de Comercio e Turismo convoca o I Concurso de ideas: “GONDOMAR, UN BANCO PARA O MUNDO”. Toda a información sobre as bases na páxina web do Concello de Gondomar.

O lugar será elexido por votación popular entre as fotografias seleccionadas nun concurso público.

A Concello de Gondomar proporá e tramitará a colocación dun Banco para comtemplar descansadamente a panorámica elexida nun concurso de fotografía. O banco será deseñado polo Anquitecto Municipal, Antonio Soliño Troncoso. No caso non ser posible esta ubicación , tramitaráse noutra das elixidas polos votos recollidos.

O Concurso, promovido pola Concellería de Turismo, está aberto a tódalas persoas profesionais ou afeccionadas á fotografía que desexen participar.

O tema escollido é “Un lugar para un banco”. O obxectivo é procurar imaxes  de lugares feitas dende Gondomar, que permiten observar panoramicas do Concello , Do Val Miñor ou da costa.

Imaxes que inviten a repousar, a deter o tempo, a sentarse para contemplar sen reloxio o espectacular panorama que se presenta diante dos nosos ollos.

As obras presentadas serán preseleccionadas por un xurado que valorará os seguintes criterios:

  • Beleza e/ou  espectacularidade da paisaxe.
  • Adecuación do lugar para poder colocar un banco contemplativo.
  • Accesibilidade do lugar.
  • Ubicación que invite ao silencio, ao relax, a contemplación, a meditación ao disfrute visual.
  • Proxección exterior do potencial turístico do Concello de Gondomar

As fotografías de cada autor/a serán enviadas nun mesmo correo electrónico á dirección concursofotografia@concellodegondomar.gal acompañadas da folla de inscrición que figura como ANEXO I a estas bases, debidamente cuberta, e disponible na web do Concello de GONDOMAR, www.concellodegondomar.com e na Concellería de Turismo-
Só se admitirá un único correo por autor/a, prevalecendo en calquera caso o primeiro envío recibido que non exceda o límite de 3 imaxes.

Non se admitirán a concurso aquelas imaxes que fosen remitidas por calquera lugar ou medio fóra do establecido nestas bases; aquelas que poidan vulnerar o dereito ao honor ou á intimidade de terceiras persoas ou que poidan resultar de mal gusto, ofensivas, difamatorias, xenófobas ou que conculquen a legalidade vixente.

Tamén serán descartadas as fotografías que non reúnan a calidade esixida, que non se ateñan ao tema da convocatoria e aquelas que leven sinatura ou algunha outra marca identificativa.

Unha vez pechado o prazo de presentación de fotografía abrirase un prazo para a votación telemática entre as fotografías seleccionadas por un xurado que se reunirá para determinar cales cumpren os requisitos para ser consideradas candidatas. O lugar para que Gondomar coloque un banco para o mundo, será o que teña maior número de votos cidadáns.

O premio é intransferible e consistirá na entrega dun diploma acreditativo, e unha cea para duas persoas nun restaurante de Gondomar. Asador Brado. Un teléfono móvil donado polo comercio Expert Gondomar sortearase entre todos os participantes que emitan votos telemáticos.

 

 

 

Xaneiro 23rd, 2018

Etiquetas: ,