Concentración feminista: O feminismo contra o fascismo

Hoxe, 15 de xaneiro, o movemento feminista galego convoca concentracións e mobilizacións en distintas cidades e vilas do país para expresar o seu rexeitamento aos discursos machistas da extrema dereita e aos acordos, entre as distintas forzas de dereitas, que nunha situación de extrema vulnerabilidade a moitas mulleres. Na cidade de Vigo, a concentración está convocada para as 20:00 horas diante do Marco (rúa Principe).

Dende Manifesto Miñor queremos expresar públicamente o noso rexeitamento aos discursos do odio, fomentados pola extrema dereita en connivencia co Partido Popular e Ciudadanos; asemade, apoiamos este tipo de mobilizacións e accións reivindicativas promovidas polo colectivo feminista e animamos á cidadanía a saír á rúa a berrar que todas somos iguais, que queremos máis políticas de fomento da igualdade e de loita contra os feminicidios e as violencias machistas, que as mulleres teñen dereito á liberdade.

Xaneiro 15, 2019