Charla informativa: “Os timos no recibo da luz e a pobreza enerxética”

Terá lugar este vindeiro xoves, 28 de novembro, ás 20hs no Centro Neural de Gondomar (onde a Policía Local), e está organizada por Manifesto Miñor-En Marea. Será impartida polo deputado no Parlamento Galego, Pancho Casal.

Asemade, convidamos á veciñanza a que traian consigo os recibos da luz, que ademais de lle axudar a “descifrar” o seu contido, poderán comprobar como exiten diferentes posibilidades legais para conseguir rebaixalo e que non nos rouben.

Como reflexión de toda esta grandísima estafa, debemos ter en conta que mentres Galicia leva historicamente producindo e exportando electricidade con grandísimos custes sociais e medioambientais, resulta que a día de hoxe xs gaelgxs somos os que máis caro pagamos a corriente eléctrica de todo Estado.

Gondomar, 26 de Novembro de 2019.

Asdo.: Antonio Araújo Quintas.

Portavoz de MM-EM no Concello de Gondomar.

Novembro 26, 2019

Etiquetas: , ,