Asemblea Aberta 13 decembro 2014

Durante estes pasados meses realizouse unha consulta telemática na que os asinantes decidiron iniciar conversas con formacións políticas, movementos sociais e veciñais, e inciativas similares que se están a formar noutros concellos, co fin de configurar candidaturas veciñais para a rexenración democrática nos tres concellos do Val Miñor.
Continuando co proceso de conformación desta candidatura de unidade , convocamos aos veciños e veciñas do Val Miñor a unha Asemblea Aberta, que terá lugar no Hotel Miramar este SÁBADO 13 de DECEMBRO 20:00h.
A situación de crise social e política provocada por una crise económica de dimensións nunca vistas, está afogándonos e levando por diante as ilusións e o futuro de moit@s dos nos@s veciñ@s.
Dende o MANIFESTO MIÑOR pensamos que XA ABONDA
Dende o MANIFESTO MIÑOR pensamos que XA ABONDA, e que dende os concellos podemos axudar a criar as bases para mudar esta situación. É a hora do compromiso e de procurar a unión da xente en base ás ideas e aos principios deixando as siglas nun segundo plano.
So deste xeito poderemos conseguir os apoios necesarios para que os nosos concellos estean ao servizo da veciñanza do Val Miñor e das maiorías sociais, e non duns poucos, con gobernos honestos e eficaces na xestión dos recursos públicos.
Queremos defender dende as instancias municipais aos sectores máis agredidos polas políticas de recortes e eliminación de nas prestacións sociais, sanidade, ensino, cultura, lingua.…
Este sábado constituiremos os grupos de traballo para buscar as persoas capaces, honestas, e limpas que consigan artellar a estructura dunha opción veciñal cara as próximas municipais.