Acta do Grupo de Traballo de Metodoloxía e Contido (16/01/2015)

Manifesto Miñor

Grupo de Traballo de Metodoloxía e Contido do Manifesto Miñor

O día 16/01/2015 ás 20:00 horas ten lugar unha nova xuntanza do Grupo de Traballo de Metodoloxía e Contido do Manifesto Miñor para concretar a proposta sobre a forma máis operativa de concorrer ás eleccións municipais nos concellos do Val Miñor. Os acordos que se tomaron foron os seguinte:

  1. Someter a referendo a proposta do GT de Metodoloxía e Contido relativa á legalización como partido instrumental do Manifesto Miñor, a posibilidade de coaligarse con outras agrupacións e o nome.

  2. Solicitar a través das redes sociais e do correo electrónico posibles nomes para despois someter a referendo telemático.

  3. Convocar para o sábado día 31 de xaneiro de 2015 unha asemblea para presentar e ratificar os estatutos no caso de que sexa aprobada a proposta de legalizarnos como partido.

  4. Consultar ao grupo de Comunicación e NT a necesidade de facer unha xornada de presentación da proposta e debate da mesma previa ao comezo do referendo telemático.

  5. Convocar unha reunión sobre novas ferramentas con Silvia na Casa Colorida (posible data: Mércores 21 de xaneiro ás 20:30).

Ás 22:30 remata a xuntanza do grupo de Metodoloxía e Contido.

Val Miñor, 16 de xaneiro de 2015

Xaneiro 17, 2015

Etiquetas: ,