A hemeroteca deixa en evidencia as mentiras de Paco Ferreira respecto do PXOM
Un pouco de hemeroteca permite comprobar con facilidade as sucesivas mentiras de Paco Ferreira respecto do PXOM de Gondomar dende que expulsou a Manifesto Miñor do Goberno e a Antonio Araújo da Concellería de Urbanismo. Naquela altura (ano 2018), o señor Alcalde viu dicir que ía encargarse en primeira persoa da área de Urbanismo do concello insinuando que Antonio Araújo non estaba facendo o seu traballo. Pois ben, desde aquel momento ata hoxe pasaron xa 7 anos, unha maioría absoluta polo medio e unha concelleira dedicándose “en exclusiva” a Urbanismo cobrando da Deputación de Pontevedra un bo salario.
Actualmente, e logo de levar todo o mandato vixente sen convocar a comisión do PXOM, no pasado Pleno de febreiro, respondendo a unha moción que solicitaba a reactivación da comisión, don Paco volveu eludir a súa responsabilidade e vender fume cun tema tan serio e importante para a veciñanza de Gondomar. Segundo parece, en breve vai presentar un documento para a aprobación inicial, que segundo el prevé, para final de ano. Con todo, dende Manifesto Miñor non podemos crer esta nova data que da o señor Alcalde, pois non temos coñecementos que os avances que anunciou se estean producindo.
Manifesto Miñor sempre actuou con responsabilidade neste asunto, tanto dentro do goberno como na oposición, pois consideramos que o PXOM é fundamental para o futuro de Gondomar. Xa que logo, estaremos sempre en disposición de colaborar para termos o mellor PXOM posible, participativo e que poña a salvo o ben común (non especulativo) e o acceso á vivenda.
Recollemos a continuación as novas que, durante estes 7 anos, foi soltando don Paco Ferreira.
Ano 2018, logo de expulsar ao compañeiro Antonio Araujo da Concellería de Urbanismo de Gondomar e a Manifesto Miñor dun goberno de coalición no que don Paco nunca acreditou.
“Gondomar impulsará el PXOM con la cesión del contrato en la junta de gobierno” – Faro de Vigo, 29 de abril de 2018
Los informes avalan ahora el traspaso – El alcalde Ferreira está decidido a encargarse “en primera persona” del Plan y apartar de la directrices al edil de Urbanismo, Antonio Araúxo
“Al igual que se hizo al inicio del mandato con el Plan sectorial de A Pasaxe ahora me ocuparía en primera persona de dirigir y marcar el cronograma futuro de los trabajos de la nueva empresa, para evitar demoras e impedimentos, para que así y de manera inexcusable trabajar en la comisión de urbanismo y asesoramiento y seguimiento del PXOM que presido, con todos los grupos políticos y consensuadamente poder presentar a aprobación inicial, y de una por todas, un PXOM para Gondomar”
Ano 2019, logo de gañar as eleccións municipais con maioría absoluta e ter unha concelleria cobrando da Deputación de Pontevedra dedicada só á Concellería de Urbanismo. Nin sequera nese mandato, aínda contando con maioría absoluta, foi don Paco capaz de sacar adiante a aprobación inicial do PXOM.
“Ferreira da prioridad al Plan Xeral y fija el plan de actuación para sacarlo adelante“ – Faro de Vigo, 7 de xuño de 2019
La concejala electa Iria Lamas se encargará de Urbanismo, Patrimonio y Vivienda en el nuevo gobierno -El Concello baraja un plazo de 18 meses para la aprobación inicial
“el plazo que nos damos son dos meses para esto todo y a partir de ahí empezar ya con el PXOM nuevo, pretendemos que sea lo antes posibles”. Teniendo en cuenta que la Xunta puede tardar tres meses en responder, esta primera fase se acercaría a los 6 meses. “Después empezamos con los trámites para la aprobación inicial que todo apunta que podrá hacerse en un año o año y medio”, indica.
“Gondomar prevé aprobar inicialmente el PXOM en el primer trimestre de 2021” – Val Miñor TV, 2 de outubro de 2020
O equipo redactor mostrou a súa confianza en que antes de que termine o ano o documento obteña o visto e prace do goberno galego, “de maneira que no primeiro trimestre do 2021 poderemos levar o PXOM a aprobación inicial e abrir o período de exposición pública”, manifestou Paco Ferreira.
“A XUNTA MARCA AS DIRECTRICES FINÁIS O PXOM DE GONDOMAR PARA A SUA APROBACIÓN INICIAL” – Facebook Paco Ferreira, Alcalde e Deputado, 9 de xuño de 2021
A directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarna Rivas, e o alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, mantiveron esta mañá unha reunión de carácter técnico para tentar desbloquear o novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) no que traballa o Concello desde o ano 2009.
Durante a xuntanza, na que tamén participaron o director do equipo redactor, Alfonso Botana, e a concelleira de Urbanismo, Iria Lamas, analizouse tecnicamente o documento e tratouse de consensuar os criterios a seguir en relación coas observacións formuladas no informe de consultas ambientais emitido pola Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo a finais do ano pasado.
No 2023, pouco antes das eleccións municipais, anunciou, facendo propaganda, a aprobación inicial para despois do verán dese mesmo ano. Spoiler: non pasou!
“Francisco Ferreira, alcalde de Gondomar: ‘Con el plan aprobado, Gondomar superará fácil los 20.000 habitantes’” – Atlántico Diario, 7 de abril de 2023
¿Se aventuraría a poner un plazo a la aprobación del Plan General de Ordenación? No soy mucho de aventurarme, en 2016 la nueva Ley de Ordenación del Territorio de la Xunta lo que hizo fue retrotraer todos los procedimientos al inicio. Todo lo que no estaba aprobado hubo que empezarlo de nuevo, incluso con el informe de evaluación ambiental y a fecha de hoy nos queda solo Costas. Al momento que llegue lo que va a hacer el equipo redactor es elaborar el documento para llevarlo a pleno. Yo creo que está al caer, no va a ser mayo ni julio por elecciones y verano, pero entre septiembre y diciembre llegará la aprobación inicial.
“El PSOE de Gondomar promete aprobar el PXOM tras el verano” – Faro de Vigo, 11 de abril de 2023
“O Plan Xeral de Ordenación Urbana será aprobado inicialmente despois do verán”, asegura el alcalde y candidato a la reelección del PSOE de Gondomar, Paco Ferreira, tras presentar a los 26 integrantes de su lista electoral a través de las redes sociales. Una candidatura que concurre a las municipales del 28 de mayo con “humildade, pero tamén co aval duns feitos e xestión que conseguiron que Gondomar avanzase en proxectos que terán a súa continuidade nos próximos anos”.
Febreiro de 2025. O señor Alcalde anuncia unha nova data: finais de 2025. Será esta a verdadeira? Logo de tantas mentiras, dende Manifesto Miñor xa non cremos nada.
“Paco Ferreira: ‘Levaremos a aprobación inicial o PXOM a finales deste ano’” – Pleno Ordinario de Gondomar, 6 de febreiro de 2025
“Nós convocaremos a comisión de seguimento do PXOM unha vez que teñamos novas respecto ó PXOM. Y en ese sentido estamos traballando en elo. Hai que dicir que a finales deste verán foi cando chegou a última autorización sectorial na que estábamos esperando e desde entonces pois e… o equipo redactor y os técnicos do concello están traballando do novo documento, na catalogación e demais, y o cambio á normativa vixente que hai que facer. Y así como… cando o teñamos e o presenten, que estará en breve, pois faremos unha comisión, evidentemente; non unha, sinón as que fixeran falta para facer… levar a aprobación inicial o PXOM, a poder ser en este ano, a finales do mesmo, si todo vai ben.