A concellaría de Medio Ambiente desenvolve unha campaña para combater a velutina

velutina

VESPA VELUTINA: NON PODEMOS BAIXAR A GUARDA

Como é sabido a vespa Velutina inicia de novo o seu ciclo vital anual. Aquelas raíñas fecundadas en setembro que sobreviviron ao inverno (se cadra os últimos fríos a destempo mataron ás máis madrugadoras) comezan a saír dos ocos onde invernaron para construíren os niños primarios onde iniciar o núcleo do futuro enxame. Por iso agora é o momento óptimo para colocar as trampas alí onde teñamos árbores ou arbustos en flor, canto máis coloridas, mellor,  que é xusto a onde estas raíñas coa fame do inverno van en primeiro lugar a comer.

Dende a Concellaría de Medio Ambiente, volvemos a reiterar que non podemos baixar a garda contra esta invasora. O ano pasado grazas a implicación da xente (esta é unha batalla de toda a sociedade) conseguimos reducir a incidencia desta praga na Comarca. Por certo unha praga real e letal parta as nosas abellas, que a inda non está recoñecida oficial mente pola Administración, o que podería redundar en axudas para os apicultores e, sobre todo en investimentos para a investigación para combater esta Praga.

 No departamento de Medio Ambiente (edificio de Urbanismo) temos as trampas gratis para repartir a quen as queira en horario de mañá. Todos podemos poñer unha no xardín, nas nosas fincas…incluso nos balcóns, como xa se dixo, preferiblemente naquelas árbores ou arbustos con flores chamativas, como por exemplo nos camelios.

Por cada raíña que atrapemos,  estaremos evitando o nacemento entre 37 e 40 mil velutinas. Esta loita require do compromiso de toda a sociedade,  non só dos apicultures. Un mundo sen abellas supón a desaparición da agricultura e de toda a biodiversidade vexetal polos efectos beneficiosos (imprescindibles) da polinización.

 

 

Marzo 24th, 2018

Etiquetas: ,