Sinatura do acordo de colaboración entre Manifesto Miñor e En Marea
Nos principios fundacionais de Manifesto Miñor ocupan un lugar relevante o feito de nos considerar unha organización que, ademais da defensa do máis próximo, do ben común representado nos Concellos como as institucións máis achegadas á veciñanza, temos como obxectivo a transformación social en xeral: pensar globalmente, actuar localmente, pois somos conscientes que un reparto xusto da riqueza, a universalización de servizos básicos ou os dereitos cívicos e políticos das persoas e dos Pobos, só é posible actuando en unión con aquelas persoas e organizacións que compartimos a mesma idea e os mesmo obxectivos.
Foi por ese motivo que a asamblea de Manifesto Miñor, hai máis de tres meses, acodamos unanimemente asinar o acordo de colaboración con En Marea para concurrer xuntos ás vindeiras eleicións municipais do 26 de maio.
Con este acordo estamos axundando a tecer e a criar un espazo de cooperación en pé de igualdade entre mareas, onde pretendemos ser un lugar de encontro no que compartir experiencias, ideas e recursos para obter o éxito electoral que nos permita transformar o país de abaixo a arriba, poñendo ás persoas no centro das políticas.
Pois ben, a sinatura deste acordo terá lugar nun acto público o vindeiro mércores, día 13 de marzo, ás 20hs, no Centro da Terceira Idade d’A Ramallosa (Antiga estación do tranvía de A Ramallosa, na rúa Torrente Ballester,1). No mesmo daremos a coñecer as liñas mestras do programa que Manifesto Miñor defenderá para toda a Comarca.
No acto intervirán por parte de En Marea: Luis Villares e Ana Seijas, e de Manifesto Miñor: Iris Malvido (miñorá candidata ás eleccións xerais por Pontevedra), e Antonio Araújo Quintas concelleiro en Gondomar.
Val Miñor, 11 de marzo de 2019.