Manifesto Miñor apoia a Folga Xeral do 11N

Val de Miñor, 10 de novembro de 2026.- Manifesto Miñor quere expresar publicamente o seu firme respaldo á Folga Xeral polo dereito á vivenda e salarios dignos convocada para mañá, mércores 11 de novembro, no país e no resto do Estado. Facemos un chamamento explícito á maioría social e á mocidade para que secunden de xeito masivo tanto os paros laborais como as distintas mobilizacións que se van desenvolver durante a xornada de folga.
  • Manifestacións das organizacións sindicais pola mañá.
  • Manifestación da Alianza pola Vivenda de Vigo.
Desde a nosa organización vimos presentando unha serie de iniciativas e xornadas en defensa doutro modelo de vivenda, toda vez que a escalada de prezos e os alugueiros abusivos están a expulsar as familias e a clase traballadora da comarca en beneficio dos pisos turísticos. É por iso que reclamamos plans de vivenda pública, na liña da última moción presentada en Gondomar, regulación real de prezos e salarios que compensen o encarecemento da vida.
 

A mobilización de mañá é un exercicio urxente de dignidade colectiva.

 
Non podemos permitir que un dereito constitucional se converta nun negocio especulativo mentres as persoas traballadoras teñen que destinar gran parte dos seus salarios á vivenda.

Por todo isto, instamos a veciñanza miñorá a frear a actividade económica, encher as rúas galegas e exixir un xiro ás políticas de vivendas para
poñet as persoas no centro.
 
Manifesto Miñor
Novembro 10, 2026