Palestra pública encol da unidade

Defender os intereses do pobo galego no parlamento español

Manifesto Miñor

No Manifesto Miñor ben sabemos que nestes últimos meses véñense dando pasos para a configura

ción dunha candidatura galega plural e incluinte, na que todas as sensibilidades estean representadas e que lle outorgue o protagonismo á cidadanía.

Moitos dos nosos compañeiros e moitas das nosas compañeiras do Manifesto Miñor veñen traballando, participando e colaborando de xeito individual nas diferentes organizacións que nos últimos meses se configuraron coa finalidade de acadar unha candidatura única galega para defender os intereses do pobo galego no parlamento español.

Sumar apoios

Agora, co espírito de contribuír, na medida das nosas posibilidades, a esa unidade que moitas cidadás galegas e cidadáns galegos reclaman, coa finalidade de sumar apoios e de facilitar que a veciñanza do Val Miñor poida intervir e participar sen intermediarios e conxuntamente cos axentes sociais e políticos da contorna e do país, organizamos a “Palestra pública encol da unidade”. Ao acto, están convidadas as dúas grandes plataformas cidadás, Encontro Cidadán por unha Marea Galega e Iniciativa pola Unión, así como outras plataformas miñorás, Nigrán Decide e Gondomar Concello Aberto, e os partidos políticos (BNG, CxG, Anova-IN, EU, Podemos, Cerna e EQUO).

A palestra terá lugar no Auditorio Municipal de Nigrán o venres, día 2 de outubro, ás 20:30 horas.

Estades tod@s convidad@s!

Setembro 30, 2015

Etiquetas: