Manifesto Miñor volve denunciar a falta de atención do goberno de don Paco Ferreira ao patrimonio municipal

Hai alguen empeñado en destruir a Ponte das Ánimas. Isto é tan evidente como a desidia do goberno municipal e do señor Ferreira. A pasada noite, por enésima vez, foi “castigada” deixando varias pedras do petril nun situación inestable, a piques de caer ao río. Ademais da agresión que supón ao patrimonio, crea unha situación […]

Le mais Manifesto Miñor volve denunciar a falta de atención do goberno de don Paco Ferreira ao patrimonio municipal
Xuño 12, 2022

Etiquetas: , ,

Don Paco Ferreira en contra de falar coa veciñanza e comerciantes da Praza Rosalía de Castro

Onte a Corporación Municipal de Gondomar celebrou o pleno ordinario do mes de xuño. Das dúas mocións que agora podemos presentar despois de que don Paco Ferreira decidise limitar o control ao goberno por parte da oposición, a primeira solicitaba do goberno municipal sentarse a falar coa veciñanza e xs comercientes da Praza Rosalía de […]

Le mais Don Paco Ferreira en contra de falar coa veciñanza e comerciantes da Praza Rosalía de Castro
Xuño 7, 2022

Etiquetas: , ,

1ª andaina por un paseo fluvial entre Gondomar e A Ramallosa

Logo do adiamento da andaina por motivos meteorolóxicos, retomaremos a actividade na seguinte data: Domingo, 31 de xullo 11:00 horas Dende o antigo matadoiro de Gondomar ata a ponte da Xunqueira.  A 1ª Andaina a favor dun paseo fluvial dende Gondomar ata A Ramallosa pola beira do río Miñor desenvolverase o vindeiro 19 de xuño […]

Le mais 1ª andaina por un paseo fluvial entre Gondomar e A Ramallosa
Xuño 6, 2022

Etiquetas: ,

Manifesto Miñor levará a Pleno os retrasos nos despregamento das conexións de fibra óptica nas parroquias de Gondomar

As novas tecnoloxías e a dixitalización son cada vez máis importantes para o desenvolvemento profesional, educativo e social. Con todo, despois de que grazas ás mobilizacións veciñais se conseguise que por fin comezara o despregamento da fibra óptica polo rural, agora vemos con asombro como, malia estar ás portas das nosas casas non se pode […]

Le mais Manifesto Miñor levará a Pleno os retrasos nos despregamento das conexións de fibra óptica nas parroquias de Gondomar
Xuño 1, 2022

Etiquetas: , ,

Manifesto Miñor volverá a solicitar ao goberno municipal que se reúna comerciantes da Praza Rosalía de Castro para ofrecerlles solucións

O comercio local de Gondomar está nunha situación crítica pola falta de políticas de promoción por parte da concelleira de comercio, con dedicación exclusiva, dona Rocío Deolinda Goberna. Se, alén disto, o goberno municipal está a realizar unha serie de actuacións humanizadoras sen contar cxs comerciantes afectadxs, o futuro do comercio no centro da vila […]

Le mais Manifesto Miñor volverá a solicitar ao goberno municipal que se reúna comerciantes da Praza Rosalía de Castro para ofrecerlles solucións

O Concello de Gondomar non fai as xestións oportunas para localizar xs propietarios nas faixas de protección contra os lumes arredor dos núcleos de poboación

O pasado 9 de novembro de 2021, o DOG nº215 publicaba a instancia do Concello de Gondomar e asinada polo concelleiro de Medio Ambiente, don Brais Misa García, unha listaxe de máis de 4000 fincas de propiedade descoñecida co obxecto de proceder a darlle cumprimento legal, coa preceptiva advertencia previa, á xestión da biomasa existente […]

Le mais O Concello de Gondomar non fai as xestións oportunas para localizar xs propietarios nas faixas de protección contra os lumes arredor dos núcleos de poboación
Maio 30, 2022

Etiquetas: ,